XI Carreira Popular de Chantada
- maio 07, 2022
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Xa podo tachar un novo concello da lista xa que por primeira vez despraceime ata o Concello de Chantada onde se ía celebrar a XI Carreira Popular de Chantada "10K no Corazón" con un percorrido a dúas voltas ou unha se estabas inscrito nos 5K.
O obxectivo:
- Desfrutar da proba xa que non sei ben o que me vou atopar nesta carreira.
Cheguei a Chantada con tempo xa que non tiña nin idea de onde ía aparcar, por sorte había un sitio esperándome e non tiven que dar voltas. Fun recoller o dorsal pero tiven que preguntar onde os daban porque estaba perdidísimo, non sabía nin cara onde tirar...
Xa co dorsal, acabei de cambiarme e fun cara a zona da saída a esperar que chegase a hora de poñerse a quecer un pouco aínda que moito non facía falta xa que estaba facendo bastante calor. Así a falta de 40 min. comezo a trotar un pouco para ir espertando as pernas xa que durante esa semana non puiden adestrar e non sabía como ían responder.
Restaban 5 minutos cando me fun achegando a zona da saída cando un dos corredores me preguntou canto tempo tiña nos 10K. Nese momento xa imaxinei porque mo preguntaba porque non é a primeira vez que me pasa.
Coloqueime moi adiante máis ou menos na segunda fila xa que a saída era complicada porque era un lugar estreito, en baixada e era unha rúa empedrada polo que para evitar problemas xa me coloquei adiante. Así tras unha conta atrás deu comezo a proba.
Arranquei sen moitas complicación e rápido fun atopando espazos para pasar esa primeira parte de baixada sen apuros. Tras a baixada íamos polas rúas do centro de Chantada en leve subida. Eu estaba entre perdendo e recuperando postos pero non lle daba moita importancia aos postos perdidos xa que ao saír os dos 5K tamén non sabía ben en que proba estaban competindo. Puxen velocidade de cruceiro e dende o Km 1,5 cando nos adentramos no paseo ao carón do Rio Asma comezo pouco a pouco a gañar postos. Chegando ao Km 2 había que dar volta e volver por onde viñemos polo que podía saber máis ou menos en que posto estaba pero non din contado... Seguimos polo paseo ata o Km 3,3 onde collemos un tramo de asfalto duns 150m aprox. para volver a meternos no paseo.
Foto: Sé Senande |
Foto: Sé Senande |
Foto: Segundo Navaza Blanco |
O resultado final foi:
- Posto xeral: 3º de 137. 🏆
- Posto categoría: -.
- Tempo: 36:41 min.
- Ritmo: 3:40 min/km
Foto: Lucía Peón |
En canto a carreira, percorrido de dúas voltas, unha primeira parte polo centro de Chantada e a segunda polo paseo do rio Asma. Avituallamento intermedio líquido e avituallamento final moi completo. Duchas preto da saída. Xogos para os cativos. Animación musical durante a proba e antes da entrega dos trofeos (trofeo e botella de viño). Algo que non me gustou foi a zona cando se vai polo centro de Chantada, nos cruces botaba en falta algún voluntario que indicase o camiño porque na segunda volta a verdade e que en varios cruces non sabía moi ben cara onde coller.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- José Miguel Azevedo ... 33:27
- Juan C. Rodríguez Torres ... 35:57
- Miguel Iglesias Amores ... 36:41
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Mónica Nieves Fernández ... 38:27
- María J. Conde Rodríguez ... 39:43
- Lucía Peón Santomé ... 41:32
Pd.: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Sé Senande, Segundo Navaza Blanco e Lucía Peón. Moitas grazas.
0 comments