XIV Carreira O Porriño 10K
- maio 01, 2022
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Inscrito dende 2020 xa que pillou a pandemia polo medio, volvíamos a que a priori é un dos 10K máis rápidos de Galiza a XIV Carreira O Porriño 10K. Percorrido de dúas voltas practicamente chan aínda que con algún falso chan no que tes que ter boas pernas para non perder o ritmo.
O obxectivo sería:
- Intentar mellorar o meu tempo na distancia que é de 35:50 min. acadados en Ourense 2018.
Como é habitual fun cedo para a carreira e menos mal porque me equivoquei na rotonda dos bombeiros en Pontevedra e tiven que dar volta... 🤦 Cheguei o Porriño e coa sorte de que xusto cando estaba buscando sitio para aparcar, marchaba outro coche.
Fun recoller o dorsal, mais o de outros corredores que non ían disputar a proba e xa me fun atopando con compañeiros das carreiras. Nada máis recoller o dorsal comecei a cambiarme porque xa non quedaba moito para o comezo da proba e había que quecer xa que tocaba espremer o corpo.
Chegada a hora coloqueime na saída, non me gustou moito onde quedei colocado xa que quería saír un pouco máis adiante pero o lugar da saída era ancho e non debería haber problema para marcar rápido o meu ritmo. Así tras unha conta atrás, deu comezo a proba.
Foto: Fernanda Rivera (Pablo Rios) |
O problema era os outros 2 Km's que restaban para rematar a primeira das voltas xa que se os primeiros baixaban este tendían a subir, visualmente non se notaba pero cando mirabas o reloxo o ritmo xa non era o mesmo e xa me fun a ritmos entorno aos 3:43 min/km e iso que intentei forzar nesa zona algo que me penalizou na segunda volta. Así completo a primeira das voltas nun tempo de 18:15 min polo que de seguir así ía para un tempo de 36:30 min.
Foto: Fernanda Rivera (Pablo Rios) |
Así cando chegou a parte máis "dura" da proba, os últimos km's xa non tiña forza e tras ver que non ía ser quen de conseguir mellorar o tempo funme deixando levar xa sen forzar máis porque era imposible acadar o obxectivo marcado.
- Posto xeral: 48º de 539.
- Posto categoría: 14º.
- Tempo: 37:11 min.
- Ritmo: 3:43 min/km
O obxectivo non se acadou e quedeime a 1:21 min. do meu mellor tempo nos 10K. Toca seguir adestrando xa que pronto terei unha nova oportunidade de intentalo e correr con máis cabeza para non forzar tanto ao principio e intentar chegar con máis forzas ao final.
En canto a proba, gardarroupas, avituallamento intermedio liquido, avituallamento final moi completo, camiseta de recordo, duchas e caixóns nas saídas. O percorrido como xa dixen, os primeiros km's moi rápidos con algún xiro forte e segunda parte da volta con algunha que outra subida que polo menos a min me rompeu o ritmo.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Alejandro Fernández Rivera ... 30:00
- Nuno Costa ... 30:31
- Jose Canda Louzao ... 31:09
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Begoña Domínguez Montes ... 37:02
- Sandra Mosquera Losada ... 37:33
- Sonia Abad Martínez ... 39:05
Pd.: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Fernanda Rivera (Pablo Rios). Moitas grazas.
0 comments