Carreira Batalla de Cacheiras 2022
- abril 23, 2022
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou desprazarse ata o Concello de Teo, concretamente a Cacheiras onde se ía celebrar a Batalla de Cacheiras sobre un percorrido duns 9 Km's aprox no cal practicamente íamos estar subindo todo o tempo. Este percorrido histórico une os lugares de Baamonde co alto de Montouto como se pode comprobar neste video.
O obxectivo sería:
- Intentar mellorar o tempo que teño nesta proba que é de 41:14 min acadados no 2017.
Intentei chegar con máis tempo do normal, non tiña nin idea onde ía aparcar xa que por alí é complicado. Por sorte atopei onde aparcar relativamente preto. Recollo o dorsal e xa vou para o autobús que nos levaría ata o lugar da saída, Baamonde. Xa en Baamonde, sacamos unha foto con Jesús Bernal e compañeiros do Pinarium antes de comezar o quecemento.
Comecei o quecemento como 30 min antes do comezo da proba pero non había moito máis que facer por alí e ao ir no primeiro dos autobuses era o que tocaba. Trote suave que se foi intensificando segundo se achegaba a hora da saída. Chegada a hora, coloqueime un pouco máis atrasado do que debería pero sabía que ía haber tempo para recuperar e sufrir nesta carreira. E así sen darme de conta sonou o pistoletazo de saída, case non dou posto a gravar a GoPro e para colmo tamén me esquecín de darlle inicio ao reloxo polo que cando me din de conta xa levabamos uns 500m de carreira.
Foto: Difusion ProSport |
A partir de aí o terreo volvíase máis rompe pernas, as subidas comezaban a ser máis duras e logo tiñas unha pequena baixada ou falso chan onde recuperar pero non por moito tempo xa que viñan máis subidas. Estábame sentindo bastante ben, ía tirando forte tanto nas subidas como nas baixadas e como lle dera tarde ao reloxo xa non lle facía moito caso ao ritmo que estaba indo. O único que me preocupaba era de que me dera tempo de gravar algo mentres corría.
Foto: Difusion ProSport |
- Posto xeral: 11º de 93.
- Posto categoría: 3º. 🏆
- Tempo: 38:38 min.
- Ritmo: 4:17 min/km.
O obxectivo acadado xa que conseguín mellorar o tempo en 2:36 min. e iso que ía gravando... Ademais acadei un novo podio nesta proba facendo así o terceiro consecutivo neste concello e terceiro consecutivo nas proba deste ano.
En canto a carreira, contaba con servizo de buses que te levaban a saída, avituallamento intermedio liquido e avituallamento final completo. Servizo de gardarroupas e duchas. Camiseta e medalla finisher. A parte das carreiras absoluta e de menores tamén había andaina. Botei en falta a recreación que fixeran no 2017 con cabalos e xente vestida da época da batalla que foi o motivo principal polo que levara a GoPro para gravar.
- Brais Otero Baameiro ... 33:48
- Alejandro Pesado Fernández ... 34:12
- Rubén Insua Díaz ... 35:21
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Lucía Peón Santome ... 44:39
- Paula Rosales Rosales ... 45:36
- María Iglesias Area ... 47:05
Pd.: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Jesús Bernal e Difusión ProSport para Batalla de Cacheiras. Moitas grazas.
0 comments