XV Carreira Popular Concello de O Pino

Pois aquí estou de novo, tras pasar por unha lesión que me mantivo tres meses sen poder correr, este último mes comecei a adestrar para chegar a primeira carreira algo preparado e non rebentar. Decidín asistir a XV Carreira Popular Concello de O Pino sobre unha distancia de 8,1 Km con un percorrido de dúas voltas.

Os obxectivos serían:
  • Comprobar o estado no que me atopo tras o parón e este último mes de recuperación.
  • Intentar facer a carreira por debaixo de 4 min/km.
  • Volver a desfrutar deste mundo das carreiras.
Unha vez que cheguei a O Pedrouzo (O Pino), onde se disputaba a proba, fun recoller o dorsal mentres ía saudando a compañeiros das carreiras que facía tempo que non vía. Tras facer cola para recoller o dorsal, voume cambiar porque xa eran horas de poñerse a quecer e ir para a saída. 

O tempo estaba frío e caían 4 gotas pero nada importante (o ano pasado caera unha boa). Coloqueime na zona media xa que quería saír tranquilo e segundo me fora atopando apertar máis ou menos. 
Dáse a saída e arranco ben aínda que algo taponado, quizais debín saír un pouco máis adiante pero bueno agora tocaba coller ritmo e a ver ata onde daba chegado.

Foto: Concello de O Pino
Durante a primeira volta fun gañando posicións e mirando o reloxo seguido para ver como estaba rodando. Estábame custando máis da conta rodar por debaixo de 4 min/km pero de momento estábao conseguindo, non por moito pero ía dentro do obxectivo. A primeira volta fíxena en 16:00 min que equivale un ritmo de 3:57 min/km. As sensacións eran boas para afrontar a segunda volta.


Na segunda volta ao xa levar un bo ritmo intento apertar un pouco máis e seguir gañando posicións vouno conseguindo pero notei como se me faltara un plus, e sobre todo velocidade. De todas formas seguín gañando posicións durante toda a volta, menos que na primeira pero algo lóxico. 


Encarando xa a recta de meta, comezo a controlar a posición xa que por diante vía complicado gañar un posto e por detrás tiña marxe polo que me deixo levar os últimos 150 metros xa recuperando do esforzo da proba. Esta última volta saíume a un tempo de 15:51 que equivale un ritmo de 3:55 min/km, mellorando o tempo da primeira volta.


O resultado final foi:
  • Posición xeral: 76º de 259.
  • Posición categoría: 18º
  • Tempo: 31:51 min.
  • Ritmo: 3:55 min/km
Os obxectivos cumpridos aínda que cando me puxen o obxectivo de facer a carreira por debaixo de 4 min/km pensei que o ía facer máis fácil e finalmente custoume conseguilo. Sorprendeume o tempo xa que non comprobara o que fixera o ano pasado nin a miña mellor marca nesta proba e fixen mellor tempo que o ano pasado, onde sufrín moito por correr o día anterior e quedeime a 43 segundos da miña marca nesta proba, polo que moi satisfeito co resultado.

Toca seguir adestrando e sumando km's para recuperar todo o perdido e afrontar os próximos retos. 

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Iván Roade Lago .............. 25:47
  2. Gustavo Platas Vidal ..... 26:11
  3. Amadeo Abal Chaves ..... 26:23
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Edymar Brea Abreu ........... 30:08
  2. Esther Rodríguez Díez ..... 30:54
  3. Carla Castaño García ......... 32:19

PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Concello de O Pino. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments