X Nocturna Estradense

Día festivo en Galicia por ser San Xoán, tocou desprazarse ata A Estrada onde se celebraba a X Nocturna Estradense sobre un circuíto de 4Km ao que teríamos que dar dúas voltas. Este ano modificaba o seu percorrido polo que non sabía moi ben o que me ía atopar.

O obxectivo sería:

  • Desfrutar e ver como tiña as pernas xa que me quedaron bastante tocadas despois da Media Maratón Os 21 do Camiño.
Unha vez cheguei a Estrada, fun recoller o dorsal. Xa con el, volvín ao coche para cambiarme e quedar listo para a carreira. Aínda faltaba bastante para a carreira pero por aburrimento púxenme a trotar moi lentamente para ir activando as pernas. Pouco a pouco imos incrementando o ritmo de quecemento xa que se achegaba a hora da proba. Coloqueime un pouco máis atrasado do que adoito saír porque non sabía como ía ter as pernas. Así tras unha conta atrás arrancou a proba pero este ano sen pirotecnia.

Arranquei tranquilo e con precaución, non estaba chovendo pero ata dúas horas antes do comezo da proba si que o facía polo que o chan estaba perigoso. Pouco a pouco fun gañando postos pero as sensación non acababan de ser de todo boas era como si estivese correndo sen ganas. Os cambios no percorrido non me estaban convencendo xa que fixeron que houbese máis xiros onde moitos corredores ían pola beirarrúa en vez de pola estrada e esta ao estar mollada era fácil esvarar. Así foron pasando os km's e termino a primeira das voltas en 14:24 min. metido nun grupo duns 7/8 corredores.

Foto: RunPhotos Galicia
Na segundas das voltas fun a peor e fun perdendo contacto con ese grupo de corredores, tiña a sensación ir a tope pero cando miraba o reloxo o ritmo non era o que me esperaba. Nos momento onde mellor me sentía era cando o público que estaba alí animaba pero logo me viña abaixo e non había maneira de conseguir ir rápido. Así fun toda a segunda volta loitando conmigo mesmo para intentar ser competitivo pero non era o día. Remato a segunda das volta nun tempo de 15:17 min.

Foto: RunPhotos Galicia

O resultado final foi:

  • Posto xeral: 25º de 181.
  • Posto categoría: 6º.
  • Tempo: 29:41 min.
  • Ritmo: 4:00 min/km
O obxectivo pódese dicir que non foi acadado xa que corrín sen ganas e non acabei de desfrutar todo o que debería supoño que hai días e nesta caso foi un dos malos. As pernas seguían tocadas da Media Maratón Os 21 do Camiño e tamén puido influír nas sensacións en carreira. Toca pensar na seguinte que xa é en dous días...

En canto a carreira persoalmente prefería o percorrido dos outros anos xa que había menos xiros e permitía correr mellor ademais dos 8Km anunciados finalmente foron 7,4Km... polo resto nada que obxectar. Camiseta técnica de agasallo, voluntarios nos cruces e avituallamento final con froita e auga.


🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Adrián Picallo Mato ... 26:21
  2. Ricardo Fortes Montenegro ... 26:23
  3. Cristobal Dios Rios ... 26:29
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Branca Fernández Lago ... 30:02
  2. Lucia Peón Santomé ... 30:48
  3. Eva de la Fuente Iglesias ... 33:09
Pd: Clasificación completa. Fotos cortesía de: RunPhotos Galicia. Moitas grazas.

Tamén che pode gustar:

0 comments