VI Cross Cabo Udra

Tras participar hai dous días na Nocturna Estradense, tocou desprazarse ata Bueu, concretamente ata Beluso onde se ía celebrar o VI Cross Cabo Udra sobre unha distancia de 10Km. Proba que xa disputei na primeira edición e na que acabei coa espalda queimada do sol que estaba facendo...

O obxectivo sería:
  • Seguir sumando km's nas pernas e desfrutar da contorna xa que non me vexo pelexando por un podio.
Cheguei a Beluso moi cedo xa que o sitio alí é reducido e quería estacionar sen problemas algo que case non consigo... Recollín o dorsal e como aínda falta moito para o comezo da proba púxenme a pasear preto da praia algo moi relaxante.

Chegado o momento funme cambiar pero antes de poñerme a quecer vin a carreira popular de 4Km onde participaba o meu amigo. Rematada esa proba era a miña quenda e comecei co quecemento.

Xa comezaba a facer calor pera nada que ver co do primeiro ano. Rematado o quecemento funme achegando a liña de saída, non sabía moi ben onde colocarme xa que na Nocturna Estradense non tiven moi boas sensacións e non sabía como ía ter as pernas. O final un pouco máis atrasado e xa tocaría remontar se me atopaba ben. Así tras unha conta atrás deu comezo a proba.

Foto: Organización
Nada máis arrancar xa íamos subindo sobre 400 m. e comecei a gañar postos, coas pernas frescas todo son alegrías. Logo veu unha pequena baixada e xa nos metemos por camiños onde case hai que ir de 1 en 1 como se fora un trail.


Sobre o Km 2,2 subida importante duns 400 metros, curta pero intensa. Tras subir tocaba baixar para chegar a zona de saída e dar unha volta por onde tiñan o rocódromo e onde estaba todo público animando. Seguía recuperando postos ata chegar a altura da primeira das mulleres onde decido esperarme un pouco e recuperar un pouco o alento xa que viña a subida mais longa da proba.

Arrancamos a subida sobre o Km 3,3 e non paramos de subir ata o Km 4,7 onde estaba o primeiro dos avituallamentos. Subín bastante ben manténdome no grupo coa primeira muller e a partir de aí como o terreo se volvía favorable e a haber baixadas fáciles de trail era o momento de comezar a apertar un pouco e a desfrutar do percorrido. 


Estivemos baixando ata preto do Km 6,5 para volver a ver o mar e comezar unha subida duns 300 m que nos levaría a outra baixada para chegar a zona onde estaba o público de novo e o segundo dos avituallamentos intermedio Km 7,1. Dende aí arrancabamos unha nova volta case como o do principio só que desta vez había un desvío que nos levaba a subir uns 300m que se me fixeron duros e comezar a baixar xa para encarar a meta onde na recta final pero 3 postos pero para min a carreira xa estaba acabada e non ía gañar nada por apertar neses últimos metros.


O resultado final foi:
  • Posto xeral: 23º de 265.
  • Posto categoría: 12º.
  • Tempo: 43:46 min.
  • Ritmo: 4:23 min/km
O obxectivo cumprido mellores sensacións que na anterior proba e desfrutei moito do percorrido sobre bordeando os cantís e baixando pero para baixar primeiro hai que subir... jajaja En canto o posto sorprendeume un pouco xa que pensaba que ía quedar mellor na categoría pero parece ser que había nivel.

En canto a carreira quitando o tema de estacionar polo resto moi ben, dous avituallamentos intermedios que nunha proba de 10K non é habitual. O avituallamento final moi completo. Animación pre-carreira con zumba e rocódromo para os cativos. Duchas e baños ao carón da saída e camiseta de agasallo.


🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Manuel Lorenzo López ... 36:30
  2. Álvaro Prieto Fervenza ... 36:46
  3. Sergio Jamardo Aboy ... 39:18
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Beatriz Fernández Gil ... 44:19
  2. Mª del Rosario Figueroa Figueroa ... 46:59
  3. Sara Castillo Oñate ... 47:53
Pd: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Organización. Moitas grazas.

Tamén che pode gustar:

0 comments