VI Mini Trail Vila de Cuntis

Xa tiña moitas ganas de correr polo monte e non perdían a ocasión. Ademais estreándome neste trail que nunca fixera. Tocou desprazarse ata o Concello de Cuntis para participar no VIII Trail Vila de Cuntis que contaba con dúas distancias unha longa de 25Km e unha curta de 17Km. Eu inscribinme a distancia curta que xa me ía chegar ben os seus 17Km e 750m+.

O obxectivo sería:
  • Desfrutar do monte facendo un bo adestramento.
Como era a primeira vez que ía a Cuntis correr, non sabía moi ben onde ía aparcar polo que fun cedo e o final aparquei fácil e o carón de onde estaban ubicadas as duchas. Tras recoller o dorsal, volvín ao coche cambiarme e a comezar o quecemento. Un pouco de trote para activar as pernas e listo. Achegueime a saída cando restaban uns 5 min. para que arrancase a proba e chegada a hora deu comezo.

Foto: Docasar Fotografía
Arranquei a un ritmo de 4'/km xa que de momento era todo chan e por asfalto polo que se podería dicir que saín tranquilo. Aos 500m comezamos xa a meternos por pistas. As sensacións estaban sendo boas e de momento ía gañando postos aínda que non sabía se eran da proba curta ou longa xa que a saída foi conxunta. 

Xusto cando deixamos o asfalto comezamos a subir, non eran unhas subida fortes pero a tendencia que levaba era todo o tempo cara arriba e de momento todo correndo. Case estou apiques de caer cando cruzamos o Rego da Patela, Km 1,4, xa que o corredor que levaba por adiante tardou un pouco máis do que me esperaba e eu coa inercia de avanzar non tiña onde poñer o pé por sorte atopei outra pedra onde poñelo pero tiven que botar a man tamén para non caer no rego. Tras o rego continuamos subindo un pouco máis ata que chegou a primeira baixada que era por unha pista que non tiña ningunha dificultade. A partir de aí o terreo aínda que se volvía máis chan e se podía correr ben tiña as súas pequenas subidas e baixadas.

Foto: Fotuchis
Así fomos ata o Km 5 onde chegou a primeira subida seria. Intentei facela correndo xa que ía cun compañeiro de carreiras pero pola metade da subida xa me botei a andar porque xa non podía máis e aínda quedaba moita carreira. Esta subida durou ata o Km 5,5 a partir de aí unha forte baixada por un camiño ata o Km 6,2 onde nos estaba a esperar o tramo máis duro da proba.


No Km 6,2 arrancamos unha subida onde mirabas cara arriba e daba medo porque non vías o final e case era máis fácil subir a gatas que de pé. Pasiño a pasiño foise subindo con un engano no medio xa que había uns ciclistas do clube que organizaba a proba dando ánimos e onde pensei que xa era o final da subida pero había que seguir subindo... Rematamos a subida no Km 6,8 onde debemos subir preto de 200m+.


Xusto ao rematar a subida comezoume a doer na zona abdominal, pensei para min que xa ía ir sufrindo toda a proba pero por sorte só foi ese momento e comezamos a baixar. Que ben o pasei nesta baixada, íamos esquivando as arbores e creo que se pillou unha zona de descenso de BTT xa que xusto antes de chegar ao primeiro dos avituallamento había dúas ramplas de descenso e por un delas tivemos que pasar algo co que non contaba, foi un bo salto.

Chegamos ao primeiro dos avituallamentos no Km 9 no cal me paro e collo un anaco de laranxa, como tranquilamente e continúo. O seguinte Km xa comezaba a ter unha tendencia a subir pero fíxose rápido a partir de aí veu unha zona máis técnica pegada ao rio ata chegar ao Km 10,3 a altura da Fervenza do Hervedo. Nese punto tiven que pararme por completo a esperar a que chegasen os corredores que viñan por detrás a ver se algún sabía o camiño porque nese punto había cintas para dous lados e non sabía cal era o camiño a seguir. Cando chegaron os corredores que me perseguían tiraron cara arriba e eu fun detrás se nos perdemos mellor ser varios que un só... por sorte era o camiño correcto. Esta subida tamén era de ir a catro patas pero moito máis curta que a do Km 6,2.

Foto: Fotuchis
Dende aí seguimos subindo pero xa non tan empinado e volveuse un sube e baixa continuo pero subindo máis que baixando ata o segundo dos avituallamentos, Km 13,4 e onde estaba tamén a separación do trail curto e longo. Paro para coller un anaco de plátano e continuamos subindo ata o Castro Sebil Km 13,8 e punto máis alto da proba. Alí fixemos un pouco o cabra saltando de penedo en penedo e xa poñemos rumbo a meta. Alí no alto había un home/voluntario que ía dicindo aos corredores que quedaban 7Km para meta cando en realidade quedaban 3Km...

Foto: Docasar Fotografía
Dende o Castro xa era todo baixar polo que os km's que restaban foron pasando rápido e incluso apertei un pouco máis porque estaba comezando a chover e non tiña moitas ganas de mollarme. Así intentando chegar máis pronto para evitar a chuvia cheguei a meta, bastante contento co rendemento e coa sorpresa do resultado.


O resultado final foi:
  • Posto xeral: 7º de 68.
  • Posto categoría: 4º.
  • Tempo: 1:53:05.
  • Ritmo: 6:31 min/km
O obxectivo conseguido xa que desfrutei moito do entorno e paseino ben baixando pero non tanto subindo. En canto ao resultado foi unha sorpresa xa que pensei que ía moito mais atrasado pero resulta que houbo moita xente que se perdeu de feito o corredor que chegou canda min viña tamén de perderse varias veces. 

En canto a carreira sensacións encontradas, creo se debería mellorar a marcaxe, non e normal atoparme cintas cara os dous lados e que se perderan máis persoas é un indicio claro de que hai que mellorar nese punto. Os avituallamento intermedios moi completos ambos con liquido e sólido pero o avituallamento final polo menos cando en cheguei a meta case se podía dicir que inexistente xa que só había aquarius ou coca cola e sandía. Descoñezo se despois puxeron máis cousas porque me fun bañar e xa marchei para casa. Tamén me chocou que non deran ningún tipo de agasallo de recordo da proba, non é que quixese outra camiseta que teño unha chea delas pero sorprendeume bastante.


🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Manuel Vieites Carballo ... 1:39:04
  2. Ricardo Bugallo Camiña ... 1:46:14
  3. Adrián Martínez Alonso ... 1:49:03
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Rebeca Muñoz Narciso ... 2:01:47
  2. Mary Portela ... 2:09:10
  3. Lorena Barcia Cerqueiro ... 2:15:57
Pd.: Clasificación completa (mini trail). Fotos cortesía de: Docasar Fotografía e Fotuchis. Moitas grazas.

Tamén che pode gustar:

0 comments