XII Carreira Popular Mar de Boiro
- decembro 04, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras
pasar toda a semana con gripe e adestrando daquela maneira houbo que
disputar a última proba do CircuÃto de Carreiras Arousa Norte #4C1M
despois de competir en A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Rianxo, tocou
desprazarse ata Boiro onde se Ãa celebrar a XII Carreira Popular Mar
de Boiro – X Memorial “Pepe Buceta” sobre unha distancia de 10
Km.
Chegaba cos obxectivos de seguir coas boas sensacións das
últimas carreiras, baixar o tempo do ano pasado que está en 37:25 e
en canto a clasificación do circuÃto, intentar quedar o mellor
posible xa que estou a 9 puntos do 3º clasificado da categorÃa.
Unha vez cheguei a Boiro, fun cara a zona de meta para ver o gran
ambiente que habÃa, mentres esperaba a que fose a hora de poñerse a
quecer dáme tempo a ver a carreira da categorÃa dos nenos. Chegada
a hora póñome a quecer e as sensacións xa non eran moi boas pero
habÃa que probar a ver que se daba feito.
Dáse a saÃda e arranco
ben, a primeira parte da carreira, a fácil, que transcorre por Boiro
e polo paseo era todo terreo favorable para ir rápido e asà vou,
mantendo un ritmo alto e gañando posicións. Unha vez abandonamos o
paseo comezou un sube e baixa que durarÃa o resto da carreira.
Ata o
km 5 todo Ãa ben mantendo o ritmo nun grupo pero pouco a pouco me Ãa
sentindo coas pernas máis cargadas e notándome sen forza. Nese punto marco un tempo de 18:37 minutos que equivale a un ritmo de
3:43 e pasei no posto 48º.
Intentei
incrementar o ritmo para dar caza aos corredores que levaba por
diante pero pouco aguantei e empeceime a sentir mal, falta de aire, e
nada de forzas para aguantar o ritmo forte. Houbo que levantar o pé,
ademais o flato estaba ameazando e tiña algo de dor pola zona
abdominal.
A partir do km 7 esa dor foi a máis e xa non daba corrido
a un ritmo competitivo e comezábanme a adiantar por todos lados e
aÃnda quedaba o peor a última costa que era a máis importante da
carreira.
Chegados a ese punto estiven a piques de poñerme a andar
porque as pernas parecÃan que non aguantaban máis pero aguantei e
xa só quedaba chegar a meta tranquilo ou iso foi o que pensei.
Cando
quedaban 500 metros para meta a xente seguÃame adiantando e dixen
para min que hoxe non era o dÃa e non tocaba sprintar para chegar
como puidese pero de repente como se o que dixera non tivera
importancia, véxome con forzas e comezo a sprintar dende 300 metros
antes de chegar a meta para dar a sorpresa e gañar algún posto para
sorpresa miña un dos atletas ao que estaba adiantando tamén se pon
a sprintar a miña par e facemos os 300 metros como se estivésemos
disputando o primeiro posto. Xa facÃa moito tempo que non sprintaba
tanto nin a esa velocidade, sentÃa que as pernas me Ãan no aire e
que aà estaba o lÃmite da miña velocidade. Chegamos a meta xuntos
e rÃndonos polo sprint tan largo e duro que fixemos.
A min a risa
duroume pouco xa que ao parar comeceime a marear, os compañeiro de
carreiras falábanme e eu apenas daba falado e estiven apiques de
vomitar polo esforzo que fixen e despois parar pero pouco a pouco me
fun recuperando e quedou nunha anécdota.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 67º de 393.
- Posto categorÃa: 18º.
- Tempo: 39:39 minutos.
- Ritmo: 3:57 min/km.
Os
obxectivos, non se deron cumprido xa que as sensacións non foron
nada boas coa sensación de ir coas pernas cansadas e faltándome o
aire, fixen 1:46 minutos máis que o ano pasado, parece que a gripe
fixo estragos en min... o único que puiden salvar foi a
clasificación na categorÃa pero non por méritos propios, senón
que a ausencia ou o non remate da proba do primeiro clasificado
senior fixo que quedase eu en 3º posición.
En
canto a carreira, coma tódolos anos moi ben organizada, con globos
de tempo, vixilancia nos cruces, bo avituallamento final... o peor
esa costa final que esnaquiza a un pero que fai dunha carreira única.
Para o ano intentarei regresar, mellor preparado para bater o meu
tempo.
Clasificación xeral homes:
- Akka Essaadaoui .............................. 32:47
- Juan Antonio Gude Vila ................... 33:08
- Ruben Caamaño Nieto ..................... 33:17
Clasificación xeral mulleres:
- Rocio Alvite Ferreiro ........................ 38:02
- Natalia Lorenzo Perez ...................... 41:10
- Lara Buig Fernandez ........................ 41:49
PD: Clasificación completa. Fotos cortesÃa de Marcos Creo para La Voz de Galicia e VERunners. Moitas grazas!!
0 comments