VIII Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal

Tras o descanso veraniego do mes de agosto e de desfrutar un pouco das festas, xa que non vai ser todo correr, tocaba poñerse de novo as zapatilla de running e volver a adestrar para afrontar a nova tempada que espero que sexa mellor que esta pasada e non me lesione.
Despois de estar unha semana adestrando, tocaba desprazarse ata A Pobra do Caramiñal onde se ía celebrar a VIII Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal sobre unha distancia de 7,8 km, no que teriamos que dar dúas voltas a un circuíto ata completar a distancia. Os obxectivos serán o de mellorar o tempo acadado o ano pasado (26:13 min), aínda que vai estar moi complicado porque con unha semana de adestramento non é suficiente e intentar quedar o mellor posible, xa que esta proba está incluída no I Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte que reúne as probas de: A Pobra do Caramiñal, Riveira, Rianxo e Boiro. 
Unha vez que cheguei recollín o dorsal e saudei as coñecidos que finde tras finde nos vemos competindo. A carreira tiña toda a pinta de ser coma o ano pasado na que fixo moita calor e este ano non ía ser menos. Coloqueime algo atrasado aínda que na parte de adiante, a idea era saír tranquilo e pouco a pouco ir subindo o ritmo pero non foi así, nada máis se deu a saída arranquei forte e gañando moitas posicións, cousa rara en min xa que sempre saio mal.




Así, os dous primeiros km fun con un bo ritmo, sentíame bastante ben polo que decido seguir así e intentar pillar ao grupo que levaba por diante. 




Cando estaba a completar a primeira das voltas, xa comeza a aparecer algo de cansancio e fatiga pola calor e decido baixar o ritmo porque senón íaseme facer moi larga esta segunda volta. A pesar de baixar o ritmo, os últimos km estaba desexando acabar xa que as pernas as levaba cargadas por falta de adestramento e a calor facía que me sentise moi agotado.



Miraba para atrás cada dous por tres para controlar aos corredores que viñan por detrás pero ía moi canso e perdín varios postos no último km.



O final posto 38º de 226 e 7º da categoría, con un tempo de 27:14 min que equivale a un ritmo de 3:29 min/km polo que supoño que a distancia estaba mal porque é practicamente imposible que sen adestrar case nada fixera ese ritmo e tras preguntar faltábanlle un 500 metros, facendo que o ritmo real estivera sobre os 3:46 min/km máis acorde coas miñas marcas. 
Os obxectivos ao final cumpridos a medias, xa que non conseguín baixar o tempo do ano pasado e me quedei a 1:01 min da marca pero en canto a posición de cara o circuíto bastante ben porque vou de 14º da xeral e 5º da categoría a tan só 10 postos/puntos do 3º clasificado polo que nas seguintes probas toca ír a coitelo para gañar posicións e sprintar todo o que faga falla. 



En canto a carreira igual que o ano pasado, moita calor, con mangueira/aspersor no km 3 e 6,5 aprox. que se agradecía moito, xa que non había avituallamento en carreira algo que poría cando se dan estas temperaturas pero polo demais moi ben organizada e bo avituallamento final.

Clasificación xeral homes:
  1. David Santos Dominguez .................... 22:26
  2. Uxío Abuín Ares ................................... 22:28
  3. Akka Essaadaoui .................................. 23:12
Clasificación xeral mulleres:
  1. Rocio Alvite Ferreiro ............................... 26:56
  2. Raquel Suarez Pedrosa ............................ 28:18
  3. Esther Pedrosa Carrete ............................ 28:31
PD: Fotos cortesía de Sección de Senderismo Camiñadas do Barbanza. Grazas!!

Tamén che pode gustar:

0 comments