CorreSan '16 - Ruta da Prata Angrois

Hoxe tocaba comezar o V Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago “CorreSan” e para iso despraceime ata Angrois, onde se ía disputar a primeira das probas sobre un circuíto de dúas voltas, ata completar a distancia de 5,21 km. Os obxectivos serán mellorar o tempo do ano pasado (18:54), ver como quedo na xeral para saber que opcións teño na clasificación do circuíto e intentar pelexar por un podio na categoría. 
Menos mal que xa tiña o dorsal recollido porque cheguei co tempo xusto de poñer o dorsal, quecer 5 minutos e xa fun cara a saída para que dera comezo a proba. Coloqueime case adiante de todo, máis ou menos coa xente que leva o meu ritmo en carreira para intentar saír forte dende o principio. 
Tras darse a saída un dos participantes caeu na traxectoria que eu levaba, tivémonos que frear un pouco para que se reincorporara a carreira e fixo que perdera algunha posición pero pouco cousa polo que tocaba remontar algo máis. 
Unha vez que se empezaba a estirar o grupo e poder empezar a marcar o ritmo propio, comezo a gañar moitas posicións e encanto a sensacións moi ben, polo que sigo mantendo ese ritmo e gardando algo para a segunda volta. 
Así ao paso pola primeira volta marco un tempo de 9:47 que equivale a un ritmo de 3:45 min/km, bantante ben para ser a primeira volta e ir gardando un pouco de forzas para a segunda volta.


Tocaba dar o último empuxón e seguir gañando algunha posición e así foi, sobre todo nas pendentes era onde máis recortaba e gañaba, aínda así na larga recta de meta que picaba cara abaixo tiven que sprintar un pouco porque me viñan dous corredores por detrás, aínda que non me ameazaba a posición da categoría decidín intentar gañala e tras incrementar ritmo nos últimos metros consigo quedar por diante deles marcando un tempo na última volta de 9:43 que equivale un ritmo de 3:44 min/km, máis rápido que na primeira volta.


O final posto 25º de 282 e 6º da categoría, con un tempo de 19:30 min que equivale a un ritmo de 3:45 min/km. Os obxectivos ao final cumpridos a medias pero moi contento co resultado, xa que non conseguín mellorar o tempo do ano pasado e me quedei a 36 segundos pero en canto ao resultado da categoría moi ben, xa que son 6º aínda que creo que un dos corredores da categoría non está no circuíto polo que sería 5º e pode ser que teño un pequena opción de avanzar pero vai tocar sudar e adestrar moito para ter algunha opción.

Clasificación xeral homes:
  1. Amador Pena Torreira ............................... 17:21
  2. Alberto Chaves Camino ............................ 17:25
  3. Miguel Penedo Taboada ............................ 15:35
Clasificación xeral mulleres:
  1. Lara Buig Fernandez .............................. 22:11
  2. Maria Tarrio Martinez ............................ 23:00
  3. Marlen Trucios Gomez .......................... 23:14
PD: Fotos cortesía de Runphotos Galicia. Grazas!!

Tamén che pode gustar:

0 comments