III Carreira Romaría Vikinga 10K

Tocou desprazarse a Catoira para disputar a III Carreira Romaría Vikinga 10K, carreira na que levo participando sempre e este ano non ía ser menos. Chegaba cos obxectivos de desfrutar xa que non chegaba en boas condicións, sen adestrar nada en toda a semana e comezando cun proceso gripal. Tampouco podía intentar mellorar o tempo dos anos anteriores porque cambiaba unha parte do circuíto polo que a desfrutar e ver que sae. 
Este ano como aliciente contaba coa presencia de dous grandes do triatlón: Gustavo Rodríguez e Saleta Castro
Unha vez que cheguei a Catoira fun recoller o dorsal e a bolsa do corredor. Como cheguei con tempo tiven tempo de ver as carreiras das categorías inferiores. Chegada a hora cambieime e puxenme a quecer mentras saudaba a compañeiros do equipo e outros coñecidos. Chego polos pelos a saída xa que tanto quecer cando cheguei a saída xa había moita xente colocada pero pouco a pouco me fun facendo un sitio para saír case adiante de todo. Dase a saída ao son do corno vikingo e fago unha boa saída (parece que cada vez vou mellor nas saídas). 


O primeiro km vou controlando moito para ir collendo ritmo aos poucos e que non me pase o de sempre e rebentar ao final. Pouco a pouco vou collendo un ritmo competitivo e despois de unha pequena volta volvemos pasar pola saída xa ían 2 km e paso con un tempo de 7:18 min que equivale un ritmo de 3:39 min/km e pasando no posto 24º, bo ritmo pero a ver se o daba aguantado durante toda a carreira.


Intentei seguir todo o tempo a ese ritmo polo que fun gañando posicións pouco a pouco ata que, sobre o km 5 comezaba un sube e baixa continúo e foi cando pensei que tiña que ler as crónicas dos anos anteriores para saber como era a carreira xa que non recordaba esas costas. Comecei a perder algunha posición nese punto pero logo volvería a recuperarme e volver a ir máis rápido. 
Cando chegamos a zona que cambiou respecto o ano pasado ía nun pequeno grupo aguantando o ritmo, a zona nova levábanos ata as Torres de Oeste e para chegar había que facer unha baixada pronunciada para logo ir llaneando ata onde tiñamos que dar a volta para regresar polo mesmo sitio polo que todo o que baixamos agora tocaba subir, punto no que o esforzo da primeira parte da carreira, o comecei a sentir e ir máis oxeito e quedándome atrás no grupo pero controlando que non me adiantara ninguén por detrás. 


Os últimos metros xa sen forzas, vou controlando ao meu perseguidor que neste caso era un compañeiro de equipo e acercándome aos nenos que estaban a animar para chocar a man con eles e rematar a carreira moi contento coas sensacións que tiven.


O resultado final foi:
  • Posición xeral: 20º de 333
  • Posición categoría: 3º
  • Tempo: 38:00 min
  • Ritmo: 3:47 min/km
Os obxectivos, mais que cumpridos xa que só ía a desfrutar e fun durante case toda a carreira con un bo ritmo e sendo moi competitivo ata acabei sendo 3º da categoría, pero non subín ao podio xa que houbo un "problema técnico" e tras estar alí esperando tanto en homes como en mulleres a categoría non recibiu ningún trofeo. O día seguinte tras preguntar dixéronme que se está solucionando e en breves se porán en contacto cos gañadores para poder facerlle entrega dos trofeos polo que agora estou a espera. 
En canto a carreira, gaña máis con este novo cambio indo ata as torres o peor e ter que volver a subir pero a organización e o trato recibido por parte da organización das mellores de Galicia. O avituallamento final completo e unha bolsa do corredor das mellores que recibín con unha chea de produtos e agasallos por parte dos colaboradores da carreira. Incluso con animación durante a carreira. Para o ano intentarei volver ser da partida e poder loitar polo casco vikingo!!

Resultado xeral homes:
  1. Victor Riobo ....................... 34:33
  2. Gustavo Rodríguez ............ 34:41
  3. Alvaro Prieto ...................... 34:51
Resultado xeral mulleres:
  1. Saleta Castro ...................... 41:46
  2. María González .................. 42:28
  3. Karina Pasarín .................... 43:03
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de Difusión para a Organización da carreira. Moitas Grazas!!

Tamén che pode gustar:

0 comments