XIX Carreira Popular Santa Uxía de Ribeira
- outubro 08, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois
de A Pobra do Caramiñal tocaba a seguinte proba do I Circuíto
de Carreiras Arousa Norte, e despraceime ata Riveira para disputar a
XIX Carreira Popular Santa Uxía Concello de Riveira sobre unha
distancia de 10 km homologados polo que os obxectivos principais
serán mellorar a miña mellor marca persoal na distancia que é de
36:55 minutos e intentar quedar o mellor posible para seguir gañando
postos de cara a clasificación do circuíto ,
a pesar que despois de volver a ver ben o regulamento, creo
que non hai premio para as categorías, polo que teñoo case imposible.
Unha vez chegamos a Riveira, podíase
ver un gran ambiente e o tempo acompañaba moito a facer unha gran
carreira, tras quecer un pouco colocámonos
na saída, eu póñome o máis adiante posible xa que se quería
mellorar o tempo, tiña que levar un bo ritmo dende o comezo.
Tras
darse a saída, arranco moi ben gañando moitas posicións e case sen
perder tempo, comezo a marcar un ritmo rápido que me permite avanzar
moito ata chegar a altura de Paula Mayobre, onde decido se intentar
aguantarlle o ritmo durante
toda a carreira ou seguir tirando, como só levabamos 1,5 km e ía
perfecto de pernas, decido seguir tirando, ademais
de cara ao circuíto era a mellor opción para seguir recortando
postos.
Durante
a primeira volta vou tirando moi forte para intentar pasar polo
control do km 5 por debaixo de 18:30 que suporía ir en tempo de
mellorar a marca.
Xusto antes de pasar polo control, ao ir rápido xa
me comezaba a sobrar todo e vexo a meu pai, polo que me acerco a el
e lle tiro aos pes o headband que levaba no brazo porque non me facía
falta e continuo para pasar o control.
Ao paso polo control do km 5
marco un tempo de 18:09 minutos que equivale un ritmo de 3:38
min/km e suporía chegar con un tempo de 36:18 minutos.
Sigo tirando
ao ver un corredor ao fondo para pillalo e intentar aguantar con el, pero no esforzo para chegar comeza o declive. Unha vez que chego
comeza a darme flato, polo que intento aguantar con el, “tomarme un
respiro” para recuperar o alento e que se me pasase o flato. Neses
intres chega o compañeiro Sergio Requeijo que me axuda a seguir
tirando, pouco a pouco voume recuperando e cando penso que estou
recuperado de todo en torno ao km 7, decido volver a tirar de novo
pero por
mala sorte estaba equivocado e no km 8 rebento de todo, comézame
de novo o flato e sinto un cansancio
nas pernas importantes,
xa me aparto a un lado para poder deixar pasar a corredores que viñan
por detrás e unha delas era Paula Mayobre e penso que fixen mal en
seguir tirando ao comezo, en vez de quedarme alí con ela aguantando o ritmo
pero as ganas de mellorar a
marca eran maiores.
O último km fágoo
mirando cara atrás
para non perder posicións de cara ao circuíto dando o obxectivo de
mellorar a marca por imposible, aínda
así perdo varias posicións e non son capaz de aguantar o ritmo da
xente que me estaba a pasar. Esta última volta fago un tempo de
19:05 minutos que equivale un ritmo de 3:49 min/km, 1:04
minutos máis que a primeira volta.
O
final acadei o posto 31°
de 283
e 8°
da categoría con un tempo de 37:14
que equivale a un ritmo de 3:43
min/km. Os obxectivos non
foron cumpridos xa que me quedei a 19 segundos de poder mellorar a
miña marca e despois de ver a clasificación se aguantara con Paula,
houbese consigo mellorala pero outra vez será. Na posición para o circuíto ben a
pesar de perder unhas posicións
ao
final e
aínda que non saíron as clasificacións, polas miñas contas de
estar o 14º na xeral paso a ser 9º e en canto a categoría de ser
5º a 3º.
Agradecer
a Sergio Requeijo que na segunda volta foi tirando de min e mirando
de que non me quedase moi atrás e me viñera abaixo completamente.
Como
anécdota,
cando lle tirei o headband a meu pai, el non me veu tirarllo e quedei
sen el, supoño que alguén
dos que estaba ao lado del o colleu pero bueno, xa ven outro en
camiño e xa fago como os "famosos" regalando cousas.
En canto a carreira moi
ben organizada, voluntarios nos cruces indicando o camiño e parando
a xente para deixarnos pasar e un avituallamento final moi completo.
Clasificación xeral homes:
- Nuno Costa ............................ 31:19
- Hassan Lekhili ....................... 32:13
- Akka Essaadaoui ................... 32:40
Clasificación xeral mulleres:
- Paula Mayobre ...................... 36:42
- Rocio Alvite .......................... 38:50
- Lara Buig .............................. 42:33
PD: Fotos cortesía de Conoce Riveira, Sport Riveira e Lisandro Vilar Fotografía. Grazas!!
0 comments