Campionato Galego de Trail 2023 (A Pobra do Caramiñal)

Asuntos pendentes tiña con esta proba e é que no 2021 cando me enfrontei ao Campionato Galego de Trail que tamén se celebraba en A Pobra do Caramiñal, rebentei como unha castaña. Primeiro seguramente non estivese preparado e segundo o día caloroso e avituallamentos que aparecen 5Km despois do indicado. Este ano a distancia era maior xa que había que correr 25Km e 1200m+ pero xa viña facendo máis trail para chegar en mellores condicións, o único inconveniente era que o día anterior participei noutra proba e claramente as pernas non estaban ao 100% pero aí vamos.

O obxectivo sería:
  • Non rebentar como no 2021, intentando chegar a meta o máis enteiro posible.

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 55º de 89.
  • Posto categoría: 10º
  • Tempo: 3:17:25
  • Ritmo: 7:32 min/km
O obxectivo conseguido aínda que os últimos Km tocou sufrir moito para chegar a meta. Creo que dende que chegamos aos eólicos tras pasar o segundo dos avituallamentos o meu rendemento comezou a caer en picado e cada vez ía máis desfeito pero non rebentei como no 2021 que era o obxectivo e puiden facer a proba correndo en todos os sitios menos nas subidas. Para a próxima edición desta proba tocará intentar baixar das 3h.

O percorrido mudou respecto o 2021 e creo que o de este ano era máis duro ademais de que a distancia tamén foi maior. Os primeiros 3,5 Km moi rápidos xa que íamos baixando pero había que ir con moito tino xa que íamos saltando polas pedras. Rematada a baixada viñeron dúas subidas duras e logo íamos pola ladeira da Curota ata chegar ao lugar da saída, Km 6,3. Dende aí outra vez terreo favorable e onde había unha forte baixada que me castigou moito as pernas ata chegar a subida do rio Pedras xa polo Km 10,2. Esta subida sería máis ou menos de 1Km e case nos últimos metros chegariamos a un dos avituallamentos e onde se separaba a carreira longa da curta. A partir de aquí foi un continuo sube e baixa constante sen moita dificultade ata a última subida dura no Km 2,3 ata o Km 21. Rematada esta subida practicamente xa era todo favorable ata meta agás algún pequeno repeito que quedaba por aí e chegar a meta tamén cunha pequena subida.

En canto a carreira, fíxose control de material obrigatorio que polo normal nunca se mira. Voluntarios nalgún cruces e puntos conflitivos. A marcaxe do percorrido foi correcta aínda que había un punto no que tiven dúbidas se ía ben porque nos carteis poñía "trail curto" pero estaba tachado cunha cor transparente e daba pé a confusión. Os avituallamentos intermedios e finais completos. Duchas lonxe pero eran as que máis preto quedaban e agasallo dunha mochila/saco. 
Houbo uns puntos que creo que se poderían mellorar como o de poñer no regulamento que ía facer falta o DNI para recoller o dorsal xa que moitos corredores non o tiñan encima e tiveron que volver ao coche para poder recollelo. Igual cambiar o lugar da saída porque o tramo de asfalto quédase curto para estirar o grupo e entrar na primeira zona de montaña xa que había que ir saltando entre pedras e foi perigoso con corredores buscando tamén adiantar. O último avituallamento igual retrasalo un pouco ata rematar a subida do Alto da Lagoa xa que onde estaba que era o mesmo punto do segundo dos avituallamentos só restaban 3Km para meta e había que desviarse uns metros para poder ir ata el.

🏆 Clasificación Xeral Homes 🏆
  1. José M. Fontán Arnejo ... 2:20:10
  2. Pablo Camescasse Rouco ... 2:23:42
  3. Amador Pena Torreira ... 2:24:44
🏆 Clasificación Xeral Mulleres 🏆
  1. Silvia Casal Domínguez ... 2:50:45
  2. Veronica Calvo Dopazo ... 3:00:19
  3. Carla Trillo Fernández ... 3:08:24
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.

Tamén che pode gustar:

0 comments