I Carreira Os 10000 Peregrinos
- abril 16, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Primeira edición de esta proba que contaría con un 10K e 5K homologados e que se celebraría en Santiago de Compostela. Anoteime aos 10K polo que tería que dar dúas voltas ao circuíto. Con un horario pouco normal xa que sería as 16:30h de un Domingo e que tiveron que cambiar por motivos axenos a proba pero co que non se contaba era coa calor que ía facer...
O obxectivo sería:
- Intentar mellorar o tempo nos 10K de este ano que é de 37:16 min. Padrón.
- Intentar mellorar o mellor tempo que teño nos 10K que é de 35:50 min. Ourense 2018.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 50º de 308
- Posto categoría: 19º
- Tempo: 40:00 min.
- Ritmo: 4:00 min/km
O obxectivo non se conseguiu e xa dende a saída fun mal, pernas pesadas e como sen ganas de correr. Intentei apertar durante a primeira das voltas pero cando vin como era o percorrido e as sensacións que estaba tendo xa sabía que o tempo ía estar lonxe do que quería. A calor e o horario seguramente foron factores que provocaron isto xa que non fun eu que me sentise mal senón que a gran maioría de corredores lles pasou polo que se comentaba no avituallamento final.
O percorrido duro para ser un 10K homologado e intentar facer marca. Saída rápida por Xoan XXIII que nos levaba a unha baixada forte para subir un pouco ata a zona do Campus Norte, dende aí poñemos rumbo con terreo favorable a subida máis dura na Rúa do Pombal. Zona favorable de novo e subimos Montero Ríos, subida que parecía que non pero que tamén se fixo dura e xa dende aí entrando por Porta Faxeira cara a Rúa do Vilar ata a Praza do Obradoiro para rematar a primeira volta e facer outra vez o mesmo.
En canto a carreira mais ou menos, a parte positiva que se podía recoller o dorsal o día previo ou o mesmo día, zona de fisioterapia rematada a proba, duchas preto, streaming da proba, agasallo dunha camiseta e avituallamento final completo con un pero xa que os voluntarios do Noitebra houbo un momento no que estaban desbordados e non daban feito a repartir auga. Como parte a mellorar o cambio de hora xa que a proba estaba prevista para correr pola maña pero tivérona cambiar para a tarde, que polo que entendín foi por mor dunha procesión da que xa se sabía a data e houbo que correr pola tarde que coa calor que fixo o avituallamento intermedio quedou escaso dando a auga en pequenos vasos, outro avituallamento non viña mal, falta de previsión. A saída foi atrasada uns minutos porque estaban facendo unha presentación dos atletas favoritos a vitoria para min esa parte sobraba e a alfombra que puxeron durante toda a Praza do Obradoiro era un perigo porque non sabía onde estabas pisando.
🏆 Clasificación Xeral Homes 🏆
- Mohamed El Ghazouany ... 30:07
- Fernando Carro Morillo ... 30:20
- Soufiane Abrouk ... 30:57
🏆 Clasificación Xeral Mulleres 🏆
- Cristina Ruiz Fernández ... 34:38
- Edymar D. Brea Abreu ... 35:01
- Ester Navarrete Santana ... 35:09
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.
0 comments