II Trail Comarca do Ulla - Tambre
- abril 23, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras sufrir nos 10000 Peregrinos, había que volver ao monte para desconectar e tocou desprazarse ata O Pino para participar no Trail Comarca do Ulla - Tambre sobre unha distancia de 18Km e 750m+, con saída dende a Area Recreativa de Brandelos (Touro) e meta en O Pedrouzo (O Pino). Esta proba xa a fixen o ano pasado e na que conseguín chegar ao podio inesperadamente pero que non puiden subir porque xa estaba na casa.
O obxectivo sería:
- A clasificación por equipos.
- Intentar igualar o podio individual do ano pasado.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 11º de 57.
- Posto categoría: 2º. 🏆
- Tempo: 1:41:50
- Ritmo: 5:44 min/km
- Posto por equipos: 1º. 🏆
O obxectivo conseguido con creces xa que por equipos conseguimos ser os primeiros clasificados e na parte individual conseguín un segundo posto mellorando o resultado do ano pasado. O peor foi que cando comecei a quentar en Brandelos tiña un molestia no xeonllo que en carreira non me molestou pero despois ao arrefriar si que me estaba doendo, a ver como evoluciona...
O percorrido rápido sen moitas zonas técnicas, con eses primeiros km pegados ao rio que hai que ir en fila de un, ata que comezamos a subir ao Miradoiro do Couto de San Sebastián. Tras a subida, baixada forte e zona para correr con algunha subida curta pero intensa ata chegar a última subida no Mirador do Picón, dende aí xa terreo favorable ata que no último km collemos asfalto en subida para chegar a meta. Houbo cambios respecto ao do ano pasado e para min case me gustaba máis o do ano pasado.
En canto a carreira bastante ben, había servizo de autobús para levarnos ata a saída aínda que non sei que pasou aí que dimos un par de voltas antes de poder poñer rumbo cara a saída e despois que o chofer se equivocou nun cruce pero chegamos a tempo. Servizo de gardarroupas na saída. Percorrido moi ben marcado incluso en algún punto en exceso. Dous avituallamento intermedios, o primeiro deles liquido e o segundo completo. O avituallamento final completo ademais de que había callos e cervexa. Servizo de fisioterapia e camiseta de agasallo. O que menos me gustou e que se podería mellorar e no tema das duchas xa que nos mandaron as que máis lonxe quedaban e había que ir en coche, tendo outro pavillón e campo de fútbol máis preto.
🏆 Clasificación Xeral Homes 🏆
- Daniel Paz Pardo ... 1:28:13
- Abel Barros González ... 1:33:39
- Xosemaría Rodríguez Fernández ... 1:35:01
🏆 Clasificación Xeral Mulleres 🏆
- Valeria B. Guridi Diéguez ... 2:05:20
- María I. Camino Crego ... 2:09:20
- Sonia Sánchez Guerra ... 2:19:00
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.
0 comments