VII Carreira Nocturna SantYaGo10K
- abril 29, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois de participar a semana pasada no Trail Comarca do Ulla Tambre e non saber se ía dar corrido esta proba porque acabei tocado dun xeonllo, aquí estou para comprobar como estaba o xeonllo tras darlle descanso. Despraceime ata Santiago de Compostela para participar na VII Nocturna SantYaGo10K, proba nocturna e homologada pero desta vez non ía intentar mellorar a miña marca.
O obxectivo sería:
- Comprobar se o xeonllo responde ben e desfrutar da proba.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 59º de 922
- Posto categoría: 20º
- Tempo: 39:14 min.
- Ritmo: 3:55 min/km
O obxectivo conseguido xa que non tiven ningún tipo de molestia no xeonllo. Saín con calma para ir apertando segundo me fose atopando na carreira e ao final máis ou menos o esperado. Cando entramos na zona vella si que petei un pouco de respiración supoño que por non adestrar durante esa semana.
O percorrido foi modificado dende a última vez que fixera esta proba no 2016 e pareceume máis rápida pero a subida da Rúa do Pombal e algunha outra máis pequena pero intensas rómpenche un pouco o ritmo ao igual que cando se entra na zona vella con tantos xiros. Para min é unha proba máis para desfrutar que intentar conseguir un gran tempo xa que practicamente había público durante todo o percorrido que estaba animando.
En canto a carreira moi ben, moita información pre carreira e sorteos entre os inscritos. Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día. Posibilidade de aparcar nun parking con tarifa reducida. Servizo de gardarroupas. Caixóns de saída por marcas. Voluntarios nos puntos conflitivos sobre todo de moita importancia na zona vella. Animación durante a proba con charanga e grupo de gaitas ademais do público que había. Avituallamento intermedio liquido e avituallamento final completo xa preparado en bolsas individuais. Dous lugares onde poder ducharte. Camiseta e bolsa de tela de agasallo.
Aínda así houbo cousas que se poden mellorar como que estivemos 15min esperando a que comezase a proba porque segundo informaron despois nun correo foi por motivos alleos a organización non se podía garantizar a seguridade no circuíto aínda así agradecese que se comunique o motivo do retraso e que sexan os primeiros en pedir desculpas. Sendo unha carreira grande podíase poñer premio aos tres primeiros equipos e non só ao primeiro para facer un podio por equipos completo. É xa buscando mellorar para reducir plásticos as bolsas do avituallamento final podíase cambiar pola bolsa de tela na que nos entregaban o dorsal.
🏆 Clasificación Xeral Homes 🏆
- Jorge Puig Malvar ... 32:16
- Daniel Prada García ... 32:58
- Amadeo Abal Chaves ... 33:25
🏆 Clasificación Xeral Mulleres 🏆
- María Cedrón Aira ... 37:04
- Tina Fernández ... 38:27
- Sandra Mosquera Losada ... 39:08
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.
0 comments