IX CorreSan - Ruta da Prata Angrois

Chegamos a segunda proba do Circuíto CorreSan, despois da Nocturna Cidade Vella foi a quenda da Ruta da Prata Angrois. Percorrido duns 5,2 Km dando dúas voltas ao percorrido que este ano íamos facer en sentido contrario a diferenza dos últimos anos.

O obxectivo sería:
  • Intentar quedar o mellor posible para a clasificación do circuíto que de momento non sei que posto ocupo pero imaxino que vai estar complicado pelexar polo podio.
Cheguei a Angrois co tempo xusto para aparcar e poñerme a quecer. Non tiña que recoller o dorsal xa que era o mesmo que o da primeira proba. Un pouco de trote e para a liña de saída. Quedei situado máis atrás do que quería pero xa habería tempo de recuperar. Así con un disparo ao aire arrancou a proba.

Saín con precaución nos primeiros metros ata que consigo poñerme por un lateral e comezar a gañar postos. Practicamente o primeiro Km era todo o tempo subindo pero como estabamos na primeira volta non se notaba moito e íamos todos moi forte. Pasado o primeiro Km forte baixada para facer a última subida forte no Km 1,2. Eu seguía recuperando postos pouco a pouco. Xa dende esa última subida o terreo era favorable ata meta practicamente todo o tempo baixando agás un ultimo repeito a altura do km 2,3 e chegar a completar a primeira volta cunha forte baixada. As sensacións foron boas pero tiña unha sensación estraña como que non estaba dando todo o que tiña. Esta primeira volta fíxena nun tempo de 9:37 min.

Foto: RunPhotos Galicia
Comecei a segunda volta tirando ao máximo xa que os corredores que tiña por diante xa estaban máis separados e custaba máis seguir gañando postos. Así fun durante toda a segunda volta tirando ao máximo pensado na clasificación do circuíto a ver cando a poñan que posibilidades teño. No último repeito ía intentando alcanzar a dous corredores pero finalmente non conseguín alcanzalos e tiven que conformarme coa posición facendo esta segunda volta nun tempo de 9:47 min tan só 10 seg. máis que na primeira volta polo que nada mal.

Foto: RunPhotos Galicia
O resultado final foi:
  • Posto xeral: 45º de 417.
  • Posto categoría: 18º.
  • Tempo: 19:24 min.
  • Ritmo: 3:49 min/km.
O obxectivo máis ou menos porque non sei como estarei na clasificación do circuíto pero facendo un 18º non creo que vaia moi ben. En canto as sensación tampouco me acabei de atopar cómodo de todo non sei se sería o horario ou que, pero non me sentía como nas outras carreiras.

O percorrido duro igual máis neste sentido. Practicamente sen descanso todo o tempo subindo ou baixando cunha primeira subida longa que se vai facendo pouco a pouco máis dura, a segunda subida moi dura e a última máis suave.

En canto a carreira moito mellor que na primeira proba do circuíto. Voluntarios nos cruces, hai que aparcar un pouco lonxe pero é o máis preto que te podes achegar, avituallamento final con auga e froita e non sei se había servizo de duchas.


🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Amador Pena Torreira ... 16:51
  2. Yago Ignacio García Sainz ... 16:57
  3. Pedro Liste Monteagudo ... 17:06
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Ainoa Gontán Iglesias ... 19:38
  2. Patricie Viadel Turjanicová ... 20:13
  3. Elena Veres Ojea ... 21:20
Pd.: Clasificación completa. Fotos cortesía de: RunPhotos Galicia. Moitas grazas.

Tamén che pode gustar:

0 comments