XVI Carreira Popular Mar de Boiro
- decembro 05, 2021
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou desprazarse ata Boiro onde se celebraba a XVI Carreira Popular Mar de Boiro, sobre unha distancia de 10Km. O percorrido se era o mesmo dos anos anteriores sería rápido é duro a partes iguais polo hai que levar un pouco de control ao principio para chegar con pernas ao final.
O obxectivo sería:
- Intentar mellorar o tempo que teño nesta proba que é de 36:30 min. acadados no 2017.
Como sempre, cheguei pronto para poder estacionar máis comodamente aínda que despois teña que esperar máis a que chegue a hora de prepararse pero mellor ir con marxe, nunca sabes o que pode pasar...
Tras pasear por Boiro facendo tempo, chegou a hora de cambiarse e poñerse a quecer. Cando restaban 10 min. para o comezo voume acercando a liña de saída para quedar ben colocado e así finalmente quedo nunha 4ª/5ª liña. De novo saída conxunta polo que tras unha conta atrás arranquei a proba con precaución a non tropezar con outro corredor.
Despois duns metros xa cando se empeza a estirar todo, comezo a marcar o meu ritmo e a recuperar postos. Mirei o reloxo porque a primeira parte desta proba e baixando e sempre se vai rápido de máis algo que acabas pagando ao final. Así foi, tras botar unha ollada ao ritmo decido levantar un pouco e manter un ritmo máis conservador, vou con outro corredor do Atletismo Brión que parecía que levaba moi bo ritmo e decido intentar aguantarlle polo menos a primeira parte. Así fun toda a parte do paseo de Barraña e incluso a seguinte parte da proba onde xa comezamos a ir nun sube e baixa constante.
Km 4,5 tras levar un bo rato subindo voume quedando pouco a pouco e quedo sen esa referencia de ritmo pero mellor así porque me estaba levando co gancho e xa non daba aguantado moito máis. Por sorte viña un compañeiro do GTR que me adianta e que consigo engancharme de novo para seguir tirando a un bo ritmo. Cada certo tempo miraba o reloxo para ver se ía no ritmo obxectivo e todo ía perfecto, de momento con marxe para mellorar o obxectivo.
No paso polo punto de control do km 5 marquei un tempo de 17:41 min. que supoñía ir a un ritmo medio de 3:32 min/km tan só 8 segundos por encima da miña mellor marca nos 5Km polo que estaba indo perfecto e as sensación eran boas aínda que tiña un xeonllo que me estaba molestando un pouco, algo que pensei que podía ser polo frío.
A partir do Km 6,5 enfrontámonos a unhas das partes que máis respecto lle teño xa que son 2Km en liña recta con un continuo sube e baixa onde practicamente se decide a proba xa que algún dos anos nos que participei nesta proba teño rebentado ata o punto de case ter que ir andando por flato e por apertar demasiado nos primeiro km's. Este ano sentíame moi ben, seguín apertando forte e incluso gañei algún posto neste treito.
Queda a última parte, rematada a longa recta, unha forte baixada duns 500m para comezar a subida máis dura da carreira duns 250m que che deixan as pernas temblando. Unha vez arriba practicamente é deixarse levar ata meta xa que todo o que queda é terreo favorable. Neste tramo de terreo favorable perdín un posto a favor do compañeiro do GTR pero como somos de distinta categoría non me importa moito e cruzo a meta satisfeito coa carreira realizada.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 24 de 326.
- Posto categoría: 9º
- Tempo: 35:58 min
- Ritmo: 3:39 min/km
O obxectivo conseguido xa que mellorei o tempo que tiña do 2017 en 32 seg. algo co que non contaba moito xa que non estou adestrando todo o que me gustaría. Ademais quedeime a 8 seg. da miña marca nos 10Km tamén hai que dicir que segundo o reloxo fáltanlle uns 120m. para chegar aos 10Km.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Amadeo Abal Chaves ... 31:41
- Esteban Toucedo Santos ... 31:45
- Juan José Álvarez Cures ... 32:10
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Tina Fernández Barreiros ... 38:07
- Laura Pérez Trabazo ... 42:10
- Elena Matalobos Redondo ... 42:37
Pd: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Marcos Creo (La Voz de Galicia). Moitas grazas
0 comments