II Carreira Popular 5Km pola Igualdade
- novembro 27, 2021
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois de tres semanas sen competir, tocaba volver para afrontar a última parte do ano, para iso despraceime ata O Pino concretamente ata a Area Recreativa de A Magdalena onde se ía celebrar a II Carreira Popular 5Km pola Igualdade.
O obxectivo:
- Sen un obxectivo claro xa que era a primeira vez que asistía a esta proba e despois do "descanso" non sabía como ía estar fisicamente.
Cando ía de camiño pensaba que ía chegar xusto de tempo pero finalmente case fun dos primeiros en chegar. O día estaba moi frío e con choiva intermitente polo que tras recoller o dorsal no que houbo que ensinar o pasaporte COVID, volvín para o coche para estar ao quente mentres chegaba a hora de cambiarse e poñerse a quecer. Chegado o momento cambieime e inmediatamente me puxen a quecer para que non me collera o frío. Mentres estaba quecendo xa empezaba a escoitar como era o percorrido e todo parecía indicar que ía ser duro.
Cando fomos chamados para a liña de saída intentei colocarme nas primeiras filas aínda que había moitos da categoría de menores por adiante pero todos tiñamos que facer o mesmo percorrido. Mentres esperabamos a que se dera a saída, leuse un manifesto en contra a violencia de xénero.
Foto: Concello de O Pino |
A partir de aí terreo favorable e costa abaixo sobre terra ata o km 0,8, logo novamente a subir ata o km 1,4. Durante este tramo de subida o ritmo era bo e seguía recuperando postos pero non me estaba sentindo como se estivese competindo senón que as sensacións eran de adestramento, non estaba indo cómodo.
Volvemos ao asfalto e o terreo volvíase favorable durante unha longa recta na que íamos baixando levemente ata que, tras un xiro a dereita, volvemos a terra e a subir. Subida dura, posiblemente a máis dura da proba. Seguía gañando postos e por adiante tiña un grupo de corredores polo que decido intentar pillalos xa que posiblemente o podio por categoría estivese nese grupo. Tras rematar a subida, Km 3 volvíamos a baixar onde tiñas que pisar con precaución para non esvarar. Quedaba unha última subida pero pequena para chegar ao Km 3,9.
A partir de aí terreo chan no que se baixaba levemente, isto fixo que os ritmos fosen moi rápidos e pouco a pouco funme achegando ao grupo que tiña por adiante e consigo gañar algún posto.
Quedaba unha sorpresa antes de chegar a meta xa que tivemos que dar a volta a Ermida da Madalena que estaba dentro da Area Recreativa. Tras dar a volta perdo un par de postos pero eu xa estaba conforme coa carreira que fixera e chego a meta tranquilo.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 13º de 143.
- Posto categoría: 4º.
- Tempo: 19:08 min.
- Ritmo: 3:45 min/km.
Non levaba un obxectivo claro pero a carreira para min foi rara xa que as sensacións foron como se fora un adestramento e non unha carreira. Finalmente perdín o podio nos últimos metros pero mirando a parte positiva foi un bo adestramento xa que o percorrido non che daba descanso con constantes subidas e baixadas.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Victor Ramos Sambade ... 17:13
- Yago Iglesias Turnes ... 17:48
- Ismael García Carballo ... 17:59
- Patricie Viadel Turjanicova ... 21:07
- Paula Carballo Salgado ... 22:05
- Marta Fernández Díaz ... 22:06
Pd: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Concello de O Pino. Moitas grazas.
0 comments