V Carreira da Filloa - Subida Pico Sacro

Tras dúas semanas de recuperación da torcedura do nocello no Trail de San Isidro, volvía a carga para disputar a V Carreira da Filloa - Subida ao Pico Sacro, sobre unha distancia de 9,5 km e que disputei no 2015, aínda que este ano variaba parte do percorrido.

Os obxectivos serán:
  • Recuperar sensacións no nocello tras estar recuperando.
  • Desfrutar da carreira que fai tempo que non subo ata o Pico Sacro.
Unha vez cheguei e aparco no campo de fútbol, no cal patinaban os coches bastante, fun recoller o dorsal mentres saudaba a compañeiros de equipo e de carreiras ata que chegou a hora de ir cambiarse e comezar o quecemento.
Fun dos últimos en chegar a saída xa que non sabíamos que hora era e por estar quecendo chegamos xustos para que se dera a saída.
Colócome pola zona media, xa que ía ir máis tranquilo e sabía que a carreira é dura. Dáse a saída e como tiña pensado, vou con calma, buscando as sensacións no nocello.


Nada máis comezar xa había unha longa pendente duns 700 metros aprox. por asfalto na que hai xente que non sei se era a primeira vez que viña ou tiña moitas ganas de correr pero que saíron como se a carreira fora acabar, sen saber que o duro viña despois. Pouco a pouco esa xente foise quedando e eu gañando postos.

Tras esa subida había que xirar a dereita e coller xa camiño de terra (camiño que pertence ao Camiño de Santiago polo que pasei cando fixen a etapa Lalín/Santiago) onde íamos llaneando e baixando ata chegar a fonte da capela do Santiaguiño, alí xirabamos a esquerda e comezabamos a subir e subir.
Ata aí foi todo ben, gañando posicións pero foi chegar a subida e a notar a pernas sen forza, mentres intentaba non perder o ritmo de subida pero era imposible e comézame a pasar xente sen ser capaz de seguilos ata que por fin se ve o Pico Sacro tras acabar de subir.

Agora viña unha zona chan para logo volver a coller un pouco de asfalto subir, baixar e adentrarnos de novo nas pistas forestais, xa nas ladeiras do Pico.
Mentres ía por esa zona intentaba buscar se atopaba a casa dende alí pero debía quedar do outro lado do Pico porque non me soaba nada do que vía...
De repente xiramos a dereita para encarar o Pico Sacro, tocaba o interesante da carreira. subir por un camiño escarpado, con pedras soltas e que, máis de unha vez tiven que poñer as mans no chan para seguir subindo porque cada vez estaba máis empinado pero pouco a pouco foise subindo.


Unha vez arriba deu tempo a coller aire e poñerse a baixar, e menuda baixa do pico... saltando de pedra en pedra e poñendo as mans para axudar e non andar facendo o cabra. Abandonamos o cumio do Pico por asfalto ata que collemos unha nova pista de terra baixando para logo facer unha pequena subida pero na que tiven que pararme dúas veces a estirar os xemelgos porque os notaba rebeldes e apiques de que me dera un tirón.
Tras estirar ben, comezamos a última baixada técnica onde perdo posicións por ir con coidado pero unha vez acaba ese tramo, crúzanseme os cables e comezo a dar zapatilla para recuperar postos xa todo por camiños de terra e fácil de correr. Gaño un par de postos (os que perdín baixando o Pico) e nos últimos metros aínda que podía gañar un posto máis decidín non apertar máis por mor dos xemelgos xa que volvían protestar e mañá tocaba correr de novo.


O resultado final foi:
  • Posición xeral: 29º de 148.
  • Posición categoría: 29º
  • Tempo: 49:46 min
  • Ritmo: 5:14 min/km
Os obxectivos cumpridos, aínda que tivera que parar para estirar os xemelgos, algo normal, xa que dúas semanas sen correr nótanse e poñerse a subir monte tira moito pero quitando iso, o nocello parece que ben, sen molestias e a sensación de subir ao pico, chegar encima e ver que xa non se pode subir moito máis foi espectacular e o último tramo correndo como se non houbese un mañá incrible.

Logo de ducharse houbo tempo de ir aos pinchos que a organización tiña preparados con filloas, bacon, empanada, chourizo... e ver a entrega de trofeos onde dous dos compañeiros de equipo tiveron premio.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Ramón Folgar Pouso .............. 43:15
  2. Alberto Carou Carril .............. 43:30
  3. Jacobo Crego Fernández ........ 43:38
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Laura Núñez Naveira ............. 54:53
  2. María J. Grobas Garaboa ....... 55:33
  3.  Fabiola Pérez Mosquera ....... 56:55
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de Xaime Cortizo e Juan Doval. Moitas Gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments