III Carreira da Filloa - Subida Pico Sacro

Despois de dúas semanas de parón por lesión nun tendón do pectoral e gripe, hoxe tocou volver a competición nunha das carreiras que lle tiña ganas porque é a terceira vez que intento participar e ata agora non puidera disputala. A primeira vez no 2013, non me sentía forte xa que estaba empezando a correr e sería a miña primeira carreira. No 2014, xa con un par de carreiras encima, estiven lesionado do xeonllo. O final a terceira foi a vencida.

Gran carreira que a fixen como se fora un adestramento e preparar a Media Maratón da Coruña de mañá pero posiblemente a carreira mais dura que corrín ata agora pola subida ao Pico Sacro que se ten que facer andando pero moi fermosa polas vistas e paisaxes que te atopas polo camiño. 
O día estaba perfecto para correr xa que non facía frío nin calor (calor xa se ía ter cando se empezara a subir) e tras realizar o quecemento, deuse a saída, algo estraña porque non sabía se era para empezar ou unha conta atrás. Os primeiros 600/700 metros eran de subida pero despois empezou unha baixada de uns 2 km que a min xa me poñía no peor porque canto máis se baixaba logo teríase que subir e así foi. Cando chegamos ao campo da festa do Santiaguiño en San Pedro de Vilanova, empezaban uns 3,5 km de subida constante que deixaba as pernas rotas (tan rotas que estiven apunto de caer varias veces dende arriba do Pico Sacro), o último tramo de subida para coroar o Pico facíase andando porque era "imposible" correr e despois aínda quedaba baixar que case me resultou máis difícil porque non tiña o calzado adecuado, era moita pendente, moita pedra e xa ía coas forzas xustas polo que practicamente baixei andando (agora aínda valoro moito máis os récords e triunfos de Kilian Jornet). Despois de baixar uns 400m o Pico, había un xiro a esquerda onde os corredores que levaba diante colleron a dereita, eu cando cheguei a ese cruce quedeime pensando cara onde coller porque ao ver a 8/10 corredores por alí pensei que ese era o camiño, ata que o corredor que viña por detras miña me dixo que era polo outro lado (intentouse chamar aos corredores que ían mal pero xa estaban moi lonxe) e tiña razón porque por alí xa había un fotógrafo mais o posto de avituallamento. Tras baixar case de todo e entrar nun camiño en condicións xa puiden correr máis a gusto, pasar a un par de corredores e chegar a meta. Ao final conseguín chegar na posición 34 de 158 con un tempo de 45:26.
En definitiva é unha carreira moi dura na que tes que ter moi boas pernas para poder pelexar pola vitoria e gustarche correr polo monte porque senón pasase mal pero moi boa experiencia, para o ano xa coñecendo como é seguro que se intentará mellorar!



Tamén che pode gustar:

0 comments