V Carreira do Cocido
- febreiro 01, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Esta maña de
domingo desprazámonos ata LalÃn onde se celebraba a V Carreira do
Cocido, a cal estaba en dúbidas de ir por unhas molestias no
pectoral pero ao final, con molestias e todo, fomos disputar a
carreira e pasar a maña en LalÃn.
Foi unha maña moi frÃa onde as predicións meteorolóxicas daban neve a noite anterior e pola maña do dÃa da carreira pero que o final quedouse en nada e fixo un dÃa bo para correr.
Foi unha maña moi frÃa onde as predicións meteorolóxicas daban neve a noite anterior e pola maña do dÃa da carreira pero que o final quedouse en nada e fixo un dÃa bo para correr.
Despois de recoller
dorsal e o agasallo, puidemos desfrutar das carreiras das categorÃas
menores, unha vez remataron os da categorÃa absoluta dispuxémonos a
realizar o quecemento e prepararnos para a saÃda dende o Concello de
LalÃn onde tamén ramatarÃa. Eu coloqueime bastante adiante, pese as molestias querÃa
mellorar a marca do ano anterior e poder coller mais rápido as
primeiras curvas onde como sempre se fan embotellamentos e hai perigo de caÃdas.
A carreira pódese
dividir en tres partes: a primeira da saÃda e a zona urbana que
transcorre practicamente por asfalto, a segunda a parte do paseo que
transcorre todo por terra, algunha ponte de madeira onde era fácil esvarar e carril bici e a terceira que serÃa o último
quilómetro e medio que son de pendente e se non gardaches forzas
faise algo durillo.
Pois ben, na primeira
parte da carreira fun bastante rápido se cadra rápido demais e
nalgunha das baixadas freaba moito polas molestias do pectoral que
non me deixaban bracear ben. Na segunda parte xa en terra (máis parecido a un cross, polas chuvias de toda a semana) e carril bici Ãa
adiantando corredores e sentÃame ben sen molestias e con un bo ritmo
ata que chegamos a terceira parte que puiden acusar a falta de
adestramento da semana ou o saÃr moi rápido, que cheguei sen forza
para o sprint final e as pendentes fixéronse moi duras.
Ao final gran
resultado pese as molestias e chegar sen forzas, posto 16º de 360 e
5º na categorÃa (volvo quedar a un posto de subir ao podio pero xa
chagará o momento), con un tempo de 37:30 a 3:45 min/km o que
suporÃa conseguir os obxectivos de mellorar o resultado do ano
anterior, xa que fixera un tempo de 39:30 e o posto 54 na xeral.
0 comments