Campionato Galego de Cross Curto por Clubs 2015 (Friol)

Este domingo tocou desprazarse ata Friol (Lugo), onde se celebraba o Campionato Galego de Cross Curto por Clubs. Este sería a miña primeira participación nun campionato e nun cross usando as zapatillas de cravos. O día era perfecto para a práctica do cross xa que foi un día despexado e con unha temperatura agradable para correr.
Nada máis chegar xa vin a varios dos candidatos a vitoria e me daba de conta do nivel que ía haber na carreira. Despois de realizar o quecemento co equipo, dirixímonos cara a cámara de chamadas para entrar no circuíto e para que nos asignen unha calle de saída. A nosa calle debía de ser unha das peores, íamos pola zona exterior e nada máis saír xa tiñamos uns charcos considerables pero a sorpresa miña viría despois no transcurso da carreira, xa que ao ser o meu primeiro cross non me imaxinaba a cantidade de barro que te podes atopar neste tipo de carreiras e iso que o día estaba despexado se chega a chover non me quero imaxinar como acabaría...
O carreira era de 4 km nun circuíto que tiña 1 km de distancia no que había partes nas que era cómodo correr, outras nas que había unha pouca de auga e te hundias un pouco e outras zonas nas que eran un barrizal. Unha vez que nos situamos nas calles de saída deuse o pistoletazo de saída e comezamos a correr todos moi rápido a intentar coller unha boa posición (como se fóramos un exército nun campo de batalla correndo contra os inimigos).
No meu caso creo que saín demasiado rápido xa que a medida que avanzaba a carreira so me adiantaban participantes e eu non conseguía pasarlle a ninguén, agás nas zonas de barro que me metía por el mentres outros o intentaban bordear e tamén por ser a primeira vez ía con moito coidado nas curvas para non esvarar.
O final conseguín chegar na posición 113 de 174 atletas con un tempo de 15:51 a +3:19 do primeiro clasificado. Creo que para ser a primeira participación está ben e sobre todo, aprendín bastante para nun futuro volver participar neste tipo de probas.

Tamén che pode gustar:

0 comments