XV Cross de Boborás

Pois nesta xornada tocou desplazarse ata Boborás, onde se celebraba a XV Carreira de Cross Concello de Boborás de unha distancia de 7,8 km.
Esta sería a miña primeira participación nunha carreira de "monte", xa que ata agora só disputei carreiras sobre asfalto. A carreira na súa totalidade foi por pistas forestais, con subidas fortes e algunha baixadas perigosa onde o importante era non esvarar polo barro que había. Ese foi o meu punto débil xa que por medo a caer, nas baixadas cambiaba de ritmo. Aínda así sorprendeume o resultado acadado, xa que conseguín chegar no posto 23 de 258 atletas que remataron e 10º na miña categoría. Para o ano seguro que repito esta carreira pero a ver si se mellora o tema das duchas porque a auga viña conxelada, menos mal que había chocolate quentiño para combater o frío.
PRÓXIMA CARREIRA: Domingo 25, Campeonato Galego de Cross Curto por Clubs en Friol (Lugo).

Tamén che pode gustar:

0 comments