VII Media Maratón Coruña21
- febreiro 22, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras a carreira-adestramento de onte en
Lestedo, hoxe desprazámonos ata A Coruña onde se celebraba a VII
Media Maratón Coruña21 con distancia homologada, polo que o
obxectivo era mellorar a miña MMP anterior conseguida en Vilagarcía
de 1:27:35 e si se podía correla por debaixo dos 4 min/km moito
mellor o que sería facer a Media Maratón por debaixo de 1:24:00.
O día parecía que non nos ía
acompañar xa que ameazaba chuvia pero que finalmente só caerían
catro gotas antes de darse a saída, nada importante. Xa colocados nos caixóns, deuse o pistoletazo de saída, primeiro para os
vehículos adaptados e logo para o resto. A saída para o meu parecer
algo estreita para a cantidade de participantes que había, isto
provocou que se tomara moita precaución para non caer.
Unha vez que
saiamos do paseo cara a estrada algo máis ancha, púxenme a pensar
no meu obxectivo e para conseguilo tiña que quedar por diante de
Pedro Nimo que nesta ocasión ía de lebre co globo de 1:25:00 e
sacarlle un minuto.
Así que sen perder de vista o globo (ía a uns
500m por diante miña), púxenme a pasarlle a corredores para intentar collelo, non
foi fácil porque ao saír no terceiro caixón e el no segundo tiña
a bastantes corredores por diante.
No paso polo control do km 4,2 o meu posto ía
ser o 358 con un ritmo de 4:10, este tempo non me valía e ao ver que
seguía sen pillalo subín o ritmo un pouco, no seguinte punto
de control no km 8,1 xa estaba colocado no posto 262 con un ritmo de
4:04 e con Nimo a escasos metros polo que antes do km 9 xa o tiña
pasado e marcando o meu propio ritmo para conseguir a marca
obxectivo, sentíame bastante cómodo con ese ritmo e funo
aguantando, no control do km 11,8 estaba no posto 194 con un ritmo de 4:04.
A
partir de aí empecei a subir un pouco máis o ritmo para buscar o
tempo obxectivo e pode ser que forzara moito na “subida” cara a
rotonda do Milleniun km 13,4 onde había outro control,
posto 188 a un ritmo de 4:00, xa que despois de dar a rotonda
empezábame a dar unha dor no cuadríceps dereito que me fixo pensar
que non o ía conseguir pero a dor foi a menos e non tivo maior
consecuencia.
Subindo cara a torre de Hércules as pernas xa ían nas últimas pero con razón porque o ritmo era elevado para min pero si se quere algo hai que sufrir e o pasar polo último control na rotonda de Breogán, ía na posición 173 a un ritmo de 3:58.
Subindo cara a torre de Hércules as pernas xa ían nas últimas pero con razón porque o ritmo era elevado para min pero si se quere algo hai que sufrir e o pasar polo último control na rotonda de Breogán, ía na posición 173 a un ritmo de 3:58.
A última parte da carreira era
todo baixar pero as miñas pernas xa non podían máis e empezáronme
a adiantar algúns corredores que deixaron as forzas para o final, para sorpresa escoito a voz de Pedro Nimo
por detrás e pensei “pero se vai para 1:25:00, moito estou
baixando o ritmo, non vou conseguir o obxectivo”, isto fíxome
reaccionar e fixen os últimos 3 km practicamente a fondo porque
seguía escoitando a Nimo miña animando a xente pero a maior sorpresa foi cando vin o
reloxo de meta e vexo o meu tempo 1:23:39 polo que o obxectivo estaba
cumprido, grazas a que
finalmente Nimo viña un minuto por debaixo do seu tempo pero que
fixo que eu conseguira o meu propósito.
0 comments