III Carreira Vikinga de Carnota

Hoxe tocou desprazarse ata Carnota, onde se celebraba a III Carreira Vikinga cunha distancia de 18 km. Este sería o meu primeiro trail así que os obxectivos eran claros: acabar sen caer, non perderme e sobre todo desfrutalo!

O día bastante caloroso xa dende antes de comezar, moi nervioso por non saber o que me ía atopar pero non imaxinaba o que ía sufrir despois nos cortafogos pola calor...
Tras inscribirme alí, que menos mal que aínda se podía porque senón iría de paseo, tocou cambiarse e quentar un pouco, colocámonos na “saída” que non estaba marcada pero así a ollo era onde estaban o resto de participantes e comezou a carreira dando unha pequena volta por Carnota ese sería o pouco asfalto que veríamos a partir de aí viña o bo, monte e monte. Preto do km 2 xa levaba os pes encharcados cando cruzamos un riachuelo que dun salto era moito arriscar así que tocou meter os pes na auga... 
Os primeiros 8 km eran fáciles con subidas e baixadas moderadas que permitían correr para unha persoa que estea afeita aos trails pero a min xa me ía chegando xa que andaba con moito ollo de non caer e o calor apertaba.
Intentei seguir o ritmo dos corredores que ían en cabeza pero só os din seguido coa vista uns poucos km despois dinme de conta que era mellor levar un ritmo propio e levalo con calma porque senón non ía terminar ben. Tras a subida mais dura destes 8 – 9 km viña unha baixada moi rápida por herba que me encantou pero xusto no punto máis alto estábannos a esperar un grupo de gaiteiros que motivaban a subir con máis ganas. 

Nun dos puntos desta baixada había unha lameira considerable que me deixou as zapatillas bonitas. O final desta baixada chegabamos ao punto de avituallamento que se agradeceu moito. 
Eu non son de parar nin coller auga nas carreiras pero hoxe necesitábao e alí botei 5 minutos ben falando cos voluntarios comentándolle a experiencia mentres repoñía forzas con plátano e auga. 










Cando ía arrancar estes dixéronme que o peor xa estaba superado pero para min non foi así tocou subir por un cortafogos de 1km creo pero para min foi como se foran 2km onde case era máis fácil subir a gatas mentres o sol che quentaba o lombo esta subida estaba recompensada e unha vez que cheguei arriba dinme a volta satisfeito e canso e podíase observar unhas vistas incribles de Carnota. 
Pensei que o duro xa se acabara pero despois de 1km aprox. de zona cómoda e baixadas esperábanos outra subida mais corta e menos duro pero as pernas xa non estaban para subir máis así que se fixo dura coma a outra. Unha vez arriba o duro da carreira estaba feito tiñamos sobre 2km ata as baixadas duras mentres o terreo era cómodo con pequenas subida para chegar ao punto máis alto da carreira dende onde creo que se podía ver Muros.








Agora tocaba sentirse como Kilian Jornet, Luís Alberto ou Anton Krupicka descendendo da montaña como se non houbese un mañá, nalgunhas das zonas quizais demasiado rápido baixei xa que non daba freado menos mal que sempre atopei bo sitio onde pisar e non torcín ningún nocello. Tras dúas duras baixadas por cortafogos chegamos ao tramo mais cómodo e só quedaba deixarse levar pola gravidade senón fora porque a falta de 2km me empezou a doer na zona dos lumbares polo que intentei reter un pouco o ritmo e baixar máis tranquilo. Recupereime pronto e puiden terminar ben.
















O final posición 20º de 96 participantes que remataron con un tempo de 1:44:56. En resumen unha carreira espectacular, dura, moi dura pero supoño que por non estar afeito a este tipo de probas e cunhas vistas incribles. Seguramente sexa o meu comezo nos trails xa que quedei bastante satisfeito tanto co rendemento como co resultado xa que non esperaba terminar tan adiante. Por certo todo un punto a favor que nos avituallamentos de finalización das carreiras haxa cervexa Estrella Galicia ben fresquiña!! 


 

Tamén che pode gustar:

0 comments