II MediaSan do Camiño
- abril 12, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Día de atletismo na
capital de Galicia, desta vez tocou desprazarse ata Santiago de
Compostela onde se celebraba a II MediaSan do Camiño, unha media
maratón que transcorría polo camiño francés do Camiño de
Santiago, con saída en Arca (O Pino) ata a Praza do Obradoiro.
O obxectivo vai ser
desfrutala xa que non é unha carreira para facer marca e poder
admirar o último treito do Camiño a Santiago.

Cando chegamos a Arca só faltaban 10 minutos para o comezo da proba polo que apenas puiden quentar, un trote suave e xa me coloquei na saída. Tras darse o pistoletazo de saída, arranquei a un ritmo suave xa que non quentara moito e tomeime os dous primeiros km como quecemento, ademais ao saír no medio do “pelotón” e os primeiro km eran estreitos, apenas había espazo para avanzar postos polo que fun con calma sabendo que ía haber tempo para poder marcar o meu ritmo.


Non recordo ben
cando foi pero nun dos xiros nos que volviamos para un camiño de
terra, un dos aficionados que estaba animando díxonos que gardásemos
forzas que quedaba a subida do Sar ata a Praza de Galicia, non pensei
que fora a ser tan duro, as pernas ían nas últimas e a “costiña
do Sar” non era pequena, moito sufrín para chegar a Praza de
Galicia! Menos mal que os ánimos da xente axudaban moito a seguir
porque senón seguro que o resultado ía ser diferente.

O final o resultado
moito mellor do esperado en cando a posición, en canto o tempo podía
estar mellor se os primeiro km se fixeran a outro ritmo pero non ai
queixa. Posición 37º de 504 e 12º da categoría, con un tempo de
1h 29min 04seg o que supón un ritmo de 4:14 min/km. En canto ao
obxectivo de ir a desfrutar, estou dándome de conta de que non sei o
que ir a desfrutar porque sempre acabo dando todo nas carreiras e
acabar o último km practicamente a sprint.
En resumen, un
carreira dura en canto ao recorrido pero con boas vistas si se vai a
desfrutar do último tramo do Camiño a Santiago e moi boa
organización e atención ao corredor. Para o ano volveremos a estar
seguro sempre e cando as lesións respecten.
0 comments