Carreira Batalla de Cacheiras 2015
- abril 19, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Desta vez tocou
carreira preto e despraceime ata Teo onde se disputaba a Carreira
Batalla de Cacheiras, unha carreira de 11 km onde o perfil é duro ao
principio con constantes subidas e que a partir do km 5 xa e máis
cómodo.

Arranquei cun ritmo
alto para que non se me escapara moito o grupo de cabeza, xa que
aÃnda que me colocara adiante, o meu non son as saÃdas e sempre
perdo bastantes postos por intentar non tropezar cos demais
corredores. SabÃa que os primeiros km eran maiormente subida polo
que intentei manter ese ritmo elevado e despois das subidas ver como
me sentÃa e seguir apertando ou manter o ritmo.


O final o resultado
e obxectivo foi conseguido, posición 14º de 173 e 3º da categorÃa,
pero como os premios non son acumulativos tocoume a 2º posición da categorÃa,
con un tempo de 41:49 o que supón un ritmo de 3:48 min/km.
Primeira
vez* que subo a un podio individualmente xa que fai dúas semanas
acadamos a 2º posición por equipos en Padrón.
En resumen, un
carreira dura en canto ao recorrido xa que estás constantemente
subindo ou baixando tanto por asfalto como por terra pero boa
carreira e organización para o ano se todo vai ben seguramente volva repetir e
intentar mellorar o resultado.
*Teño dous segundos postos na Carreira Solidaria da Bandeira pero non hai podio polo que está é a primeira vez que subo.
0 comments