IV Carreira Popular da Richada
- decembro 10, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois
de participar antonte na III Invasión Celeste, hoxe foi o quenda de
desprazarme ata Forcarei onde se Ãa celebrar a IV Carreira Popular
da Richada sobre unha distancia de 7,5 km aprox.
Chegaba cos
obxectivos de seguir coas boas sensacións da carreira anterior,
desfrutar da carreira e do ambiente e desta vez non poderÃa intentar
mellorar o tempo do ano pasado xa que cambia unha zona do circuÃto e terÃamos que facer 1 volta pequena e 3 grandes.
Unha vez cheguei a Forcarei, fun recoller o dorsal e logo me puxen a
quecer porque xa comezaba a facer bastante frÃo.
Colócome na saÃda
bastante adiante coa idea de facer unha boa carreira e seguir co bo
ritmo que parece que está volvendo nestas últimas carreiras do ano.
Tras darse a saÃda arranco rápido pero conservador xa que a
carreira aÃnda que o novo circuÃto é máis fácil ir rápido todo
o tempo podÃame pasar factura polo que no primeiro km vou perdendo
algunha posición sen darlle moita importancia. Rematada a volta
pequena fágoa nun tempo de 4:57 minutos pasando no posto 30º.
Agora
tocaba facer as tres voltas grandes e comezo a ir máis rápido e a
gañar posicións, intentando sempre coller ao corredor que levo por
diante e seguir tirando, asà a primeira destas voltas fágoa en 7:31
minutos e pasando no posto 21º.
A segunda volta xa comezo a notar o
cansancio da carreira de fai dous dÃas pero sigo tirando xa que de
momento daba continuado con ese ritmo aÃnda que pouco a pouco Ãa
notando que as pernas comezaban a protestar e esta segunda volta
fágoa en 7:38 min, pasando no posto 24º polo que o cansancio se
comezaba a notar e xa estaba indo a menos. A última volta dividina
en dous tramos, na primeira parte intentei recuperarme un pouco e
levar un ritmo máis estable e no último km comecei a ir rápido de
novo para recuperar algunha posición que perdera na primeira parte e
acabar forte e controlando de que non me adiantase ninguén na recta
final, facendo a última volta en 7:44 minutos polo que o cansancio
xa era evidente.
O
resultado final foi:
- Posición xeral: 24º de 128.
- Posición categorÃa: 11º.
- Tempo: 27:50 minutos.
- Ritmo: 3:42 min/km.
Os
obxectivos, cumpridos xa que as sensacións durante a carreira foron
perfectas a pesar de que na última volta xa Ãa desfondando pero foi
debido a dobrar carreira e practicamente no mesmo tempo que o ano
pasado cando posiblemente estivera no meu mellor estado polo que
acabei moi contento e sobre todo moi forte moralmente para seguir
adestrando forte e buscar os obxectivos de 2017.
En
canto a carreira, moi ben todo, organización e voluntarios nos
cruces, o circuÃto ben marcado incluso auga quente nas duchas que o
ano pasado tiñas que soprar para poder entrar do frÃa que estaba.
Para o ano intentaremos volver e mellorar o tempo desta proba.
Para o ano intentaremos volver e mellorar o tempo desta proba.
Clasificación xeral homes:
- Akka Essaadaoui ........................... 24:28
- Victor Riobo Villanueva ................ 24:33
- Luis Iglesias Raña ......................... 24:48
Clasificación xeral mulleres:
- Paula Mayobre Gonzalez .............. 27:03
- RocÃo Alvite Ferreiro .................... 27:51
- BeatrÃz Fernández Dobarro ........... 28:36
PD: Clasificación completa. Fotos cortesÃa de Carreira Popular da Richada, Faro de Vigo e RunPhotos Galicia. Moitas Grazas!!
0 comments