II San Silvestre de Silleda
- decembro 31, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Acabase
o ano e para despedilo hai que correr as tradicionais San Silvestre e
para iso desprázome ata Silleda onde se ía celebrar a II San
Silvestre Silleda sobre unha distancia de 5 km aprox. O circuíto
sería o mesmo que o do ano pasado polo
que teríamos que dar 5 voltas de 1 km.
Os
obxectivos de seguir coas boas sensacións das últimas carreiras,
desfrutar da carreira e do ambiente festivo e intentar chegar ao
podio xa que o ano pasado conseguira
ser segundo.
Unha vez cheguei a Silleda funme inscribir xa que a inscrición se facía unha hora antes da carreira e totalmente gratis. Chegado o momento voume cambiar e poñer o “🎅 novo traxe 🎅” co que ía correr e póñome a quecer cun amigo. Uns minuto antes de darse a saída ao meu amigo acórdalle que necesita uns imperdibles para o dorsal xa que se lle despegaba a pegatina, polo que imos nunha carreira ata o coche e chegamos xusto para a saída.
A
táctica a seguir sería intentar aguantar o ritmo da xente de cabeza
porque durante a inscrición xa vin que este ano as opcións de podio
ían estar moi complicadas xa que había xente moi rápida.
Dáse a
saída e arranco tranquilo xa que a saída era conxunta e tamén
estaban os rapaces correndo polo que había que ir con precaución
nos primeiros metros.
Tras
a primeira das voltas formase un grupo cos “favoritos” a gañar a
carreira no que intento aguantarlles o ritmo.
Na segunda volta xa me empeza a custar seguir o ritmo de cabeza e intento manter o ritmo e quedarme detras do grupo intentando seguilos.
A partir da terceira volta xa me quedo totalmente só polo que me vou quedando atrasado e sen ser capaz de alcanzar a ninguén.
Como por detrás non viña
ninguén decido ir máis tranquilo e acabar as voltas que me quedaban máis cómodo, xa pensando en que a tarde tocaba facer a San Silvestre de Santiago e había que reservar algo de forzas.
O
resultado final foi:
Posición
xeral: 6º.
Posición
categoría: 6º.
Tempo: --:-- minutos.
Ritmo: -:-- min/km.
*Ao non levar chip, nin eu reloxo non sei o tempo nin o ritmo que fixen en carreira.
Os
obxectivos, non os cumprín xa que non logrei chegar ao podio pero
antes de comezar a carreira xa sabía que ía estar complicado polo
que ao final acabei contento e con ganas de correr pola tarde e
seguir desfrutando das San Silvestres que sobretodo son carreiras
para desfrutar.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Cristian Diaz
- José Canda
- Sergio Requeijo
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
PD: Fotos cortesía do Concello de Silleda, Sé Senande e Esteban BenRei. Moitas Grazas!! 👏👏
0 comments