Trail de San Isidro 2016
- febreiro 21, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Última carreira do fin de semana tras
facer dúas etapas do Camiño de Santiago e correr a Carreira de Padrón. Agora tocaba desprazarse ata A Pobra do Caramiñal onde se
disputaba o Trail de San Isidro, sobre unha distancia de 13 km.
Os
obxectivo serán rematar o mellor posible xa que as pernas non
estaban para correr moito, seguir collendo fondo e forza para
regresar aos meus ritmos habituais de carreira e sobre todo pasalo
ben, que sempre que se corre polo monte hai que desfrutar das paisaxes
e da natureza.
Unha vez cheguei a A Pobra do Caramiñal,
fun recoller o dorsal e como ía con tempo funme preparando con
calma, vendo que xente ía participar e todo o que vía non me
gustaba, xente moi preparada para estas carreiras e eu que ía ser o
meu segundo trail propiamente dito. Intentei quecer un pouco antes da
saída pero tiña as pernas con se foran dous paus e non din quecido, polo que fun cara a saída, coloqueime dos últimos para empezar
tranquilo e pouco a pouco ir collendo ritmo.
Tras darse a saída, empecei a un ritmo
moi tranquilo e falando con outros participantes ata que despois duns
metros por asfalto collemos unha pista que era talmente un rio, a
auga polos nocellos, algún participante intentaba non mollarse pero
era inevitable polo que decidín meterme por todos os charcos que
había. Empezaba a coller ritmo e as pernas xa me ían respondendo
ben polo que rapidamente comecei a gañar posicións.
Ía tan centrado perseguindo aos
corredores e a seguir gañando posicións que nun dos cruces que
había no medio do monte collín o camiño que non era, xa que ao ir
fixándote no chan para pisar ben e seguindo ao corredor que vai
diante non me fixei nas marcas do camiño polo que fixen cerca de un
km polo camiño erróneo. O curioso é que non me daba de conta de que
non vía máis marcas ata que un grupo importante de corredores viña
de volta dicindo que por alí non era, eramos uns 50 corredores que
nos habíamos equivocado de camiño e eu sendo legal deixei pasar aos
que xa ían diante polo que, entre os que non se equivocaron e os que
deixei pasar, practicamente estaba nas últimas posicións...
Tocaba
remontar pero polo monte é máis complicado xa que os camiños e
sendeiros son moi estreitos. Tras unha baixada na que tiñamos que ir
agarrados a unha corda, percorremos uns metros pegados ao río ata que
o temos que cruzar por unha pedras.
Tras cruzar o río viña unha pequena
subida e unha zona onde se podía correr ata que de súpeto, ven unhas
das subidas máis largas do circuíto que hai que facer andando
pero que unha vez se chega arriba se podían contemplar unhas
incribles vistas.
Logo de desfrutar das vistas e subir un
pouco máis chegamos ao avituallamento onte tras beber un pouco e
tirarme o resto da auga pola cabeza para refrescarme un pouco, sigo o
camiño sen perder máis tempo. Viña a primeira baixada técnica
de uns 300m aprox. para ir preparando as pernas para o que nos
esperaba. Tras baixar tocaba volver subir por unha “zona de cabras”
onde íamos andando e correndo por partes iguais xa que había que
fixarse moi ben onde pisabamos.
Tras culminar o punto máis alto viña o
máis “divertido”, baixar. Na baixada ao principio íase ben e
controlando onde se pisaba pero de repente a cousa púxose seria e
converteuse nunha baixada moi técnica, onde tiña que controlar moi
ben onde pisar e ir freando como puideras para non acelerarme demais
e acabar sabe deus onde.
Nun dese puntos de baixada case paso por
encima doutro corredor xa que non conseguía frear pero todo quedou
en nada e puiden frear sen pasarlle ao outro corredor. Tras rematar a
baixada tocaba volver subir, pero que subida! Eu practicamente subín
a gatas e agarrándome das árbores para non ir para atrás. Despois
disto o que quedaba xa era “fácil” e só quedaban un par de
subidas e unha última baixada que levaba a meta pero que se facía
por un camiño no que era fácil correr e onde un dos corredores me
dixo si me podía seguir, xa que el ía desfeito e necesitaba a alguén
que tirase del, así que veu comigo ata un metros antes de chegar a
meta onde me deixou xa que, a carreira estaba feita.
O final posto 120º de 219 e 67 da
categoría, con un tempo de 1:33:32 minutos que equivale a un ritmo
de 7:12 min/km. O obxectivo pódese dicir que cumprido xa que aínda
que me perdese, paseino xenial monte arriba e monte abaixo, cruzando
unha chea de veces o rio (iso que non son moito de auga) e
desfrutando das espectaculares vistas.
Para a próxima espero non
perderme porque dos dous trails que levo perdinme nos dous...
Información técnica:
- Distancia: 13 km
- Desnivel +: 523 m.
Clasificación xeral homes:
- Lois Rodríguez Boga ........ 1:01:16
- Ramón Folgar Pouso ........ 1:01:21
- Carlos Lorenzo Blanco...... 1:01:23
Clasificación xeral mulleres:
- Alba Baamonde Otero............ 1:16:45
- María González Martinez ...... 1:25:57
- Silvia Calvo Marta ................ 1:27:35
PD: Fotos cortesía de Arousa NeO. Grazas!!
0 comments