V Cross Río Liñares

Tocou desprazarse ata A Estrada, máis concretamente a Praia Fluvial Río Liñares, onde se disputaba o V Cross Río Liñares sobre unha distancia de 8 km e nun circuíto ao cal teriamos que dar 4 voltas.

Os obxectivo serían seguir collendo ritmo e desfrutar da carreira, xa que non se podía mellorar o tempo do ano pasado porque o circuíto é distinto.
Unha vez que cheguei ao lugar da carreira, fun recoller o dorsal e ver como estaba o circuíto polo que teriamos que correr, tiña de todo, zonas polas que se podía correr, un pouco de asfalto e moita zona embarrada. Cando había que poñerse a quentar, comezou a chover máis e estiven resgardado a ver se paraba un pouco, mentres saltaba no sitio para ir entrando en calor. O tempo non mellorou e coloqueime na saída sen quentar moito. 
A saída foi rápida e intentei aguantar o ritmo que se estaba impoñendo pero pouco a pouco notaba cada vez máis molestias e decidín manter ritmo e non forzar máis. Así ao paso pola 1ª volta marquei un tempo de 7:09 minutos, demasiado rápido para ser as voltas de 2 km polo que imaxino que as voltas eran máis pequenas e non tiñan a distancia que dicían.


Na 2ª volta seguín mantendo un ritmo que a min me parecía elevado e estaba gañando posicións, polo que seguín así e con moito coidado, porque sempre que pisaba en barro patinaba moito, dado que levaba os tenis de asfalto e non me sentía nada seguro correndo nesas condicións. Así nesta 2ª volta marquei un tempo de 7:23 minutos, máis lenta que a primeira pero intentando aguantar o ritmo.


Durante a 3ª volta foi moi semellante a 2ª menos porque comecei a notar moito cansancio, seguro que producido por falta de adestramento, xa que apenas estou adestrando polas molestias do xeonllo e marquei un tempo de 7:33 minutos.
O peor chegou uns metros antes de chegar a comezar a 4ª e última volta, xa que me empezou a doer bastante a zona onde tiven a lesión e durante toda esta última volta fun sufrindo, baixando o ritmo considerablemente e adiantándome corredores mentres me daban ánimos para seguir e chegar a meta. Pola cabeza pasoume de todo, preguntarme porqué me empezara a doer tanto, a opción de retirarme ou incluso botarme a andar e chegar a meta así... Tirando de alma e corazón, cheguei a meta correndo e sufrindo moito, marcando nesta última volta un tempo de 8:11 minutos, 1 minutos máis que na 1ª volta.


O final posto 38º de 84 e 17º da categoría, con un tempo de 30:16 minutos que equivale a un ritmo de 3:47 min/km, ritmo que dudo moito que levara e que tras chegar a meta moitos dicían que a distancia estaba mal que era menor entorno aos 6/7 km polo que imaxino que o ritmo que levaba estaría sobre os 4:30 min/km.
Cos obxectivo non cumpridos, xa que a pesar que nas primeiras voltas si que o pasei ben meténdome polo barro e charcos todos, despois sufrín moito e non puiden seguir collendo ritmo e é posible que teña que volver a pasar polo fisioterapeuta pola recaída sufrida. 
Espero que non sexa moito e poida volver pronto...



Clasificación xeral homes:
  1. Amador Pena Torreira .................... 24:36
  2. Ricardo Vazquez Vaamonde .......... 24:37
  3. Cristobal Dios ................................. 25:20
Clasificaión xeral mulleres:
  1. Rocio Carbia Lojo ............ 30:54
  2. Jennifer Bures ................... 31:32
  3. Isabel Saez Batallan ......... 31:56
PD: Fotos cortesía de Jorge. Grazas!!

Tamén che pode gustar:

0 comments