XIV Carreira Popular de Padrón
- febreiro 20, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois de facer o reto de Lalín - Santiago polo camiño de Santiago facendo así 55 km,
hoxe desprázome ata Padrón para disputar a XIV Carreira Popular
Concello de Padrón, sobre unha distancia de 10 km homologados, dando
dúas voltas a un circuíto completamente chan.
Os obxectivo serán,
a parte de intentar correr ben despois do reto de onte, mellorar a
marca que teño nesta carreira xa que nas dúas participacións que
levo fixen 42:20 min e o seguinte ano 41:49 min, moi lonxe da miño
mellor marca nos 10 km (36:55 min) pero non sei que ten esta carreira
que non consigo facer unha boa carreira e seguir collendo ritmo e
fondo para preparar a carreira que teño pensado facer en maio pero
pouco a pouco que queda moito tempo.
Unha vez cheguei a Padrón, fun
recoller o dorsal e fomos para un bar porque meu pai quería ver o
barça xogar... mentres eu prepareime tomando un té para meterlle un
pouco de teína o corpo que din que é bo. No descanso xa me fun
cambiar e atopeime con algún compañeiro de equipo e puxémonos a
quecer mentres comprobaba como me respondían as pernas.
Xa colocado
para a saída puxen bastante atrás porque a pesar de que as pernas
parecían estar ben, sabía que tiñan que estar sobrecargadas. Así
unha vez dada a saída arranquei tranquilo e gañando moitas
posicións ao saír tan atrás érame fácil avanzar, a pesar de que
as calles polas que íamos eran estreitas e non había moito espazo.
Cando crucei a liña de saída
completando a primeira volta, marquei un tempo de 20:31 min o que
equivalía un ritmo de 4:06 min/km, polo que pensei que apertando un
pouco máis tiña a posibilidade de baixar dos 40 minutos.
Así a segunda volta intentei forzar
máis e ía ben pero a iso do km 8, empezoume a doer bastante o
xemelgo da perna da que tiña a lesión e tiven que baixar o ritmo
considerablemente ata un compañeiro me preguntou como ía.
Intentei chegar como fora e que non me
pasaran moitos corredores, xa pensando que baixar dos 40 minutos ía
ser imposible, polo menos facer un tempo aceptable dentro das
circunstancias. Con moito sufrimento na recta de meta con adoquíns
que non me gustan nada e que para como ía, facíanme perder máis
tempo xa que non daba apoiado ben o pé.
O final posto 195º de 633 e 55 da
categoría, con un tempo de 41:33 minutos que equivale a un ritmo de
4:07 min/km facendo os últimos 5 km en 20:45 min. que despois de
como tiña o xemelgo non perdín moito tempo. O obxectivo pódese
dicir que cumprido xa que aínda que sigo sen baixar dos 40 minutos
nesta carreira, logrei rebaixar a marca dos anos anteriores en 16
segundos e sabendo o tute que tiña nas pernas do día anterior,
quedei máis que satisfeito e agora tocaba descansar que mañá teño outra carreira pero desta vez un trail para facer un pouco de todo.
Clasificación xeral homes:
- Hassan Lekili .............................. 30:51
- Alejandro Fernández RIvera ...... 30:52
- David Santos Dominguez ........... 31:15
Clasificación xeral mulleres:
- Ester Navarrete Santana ............ 35:44
- Rocio Alvite Ferreiro .................. 37:57
- Raquel Suarez Pedrosa ............... 38:12
PD: Fotos cortesía de Druida1313, RunPhotos Galicia e Carreiras Populares Concellos de Padrón. Grazas!!!
0 comments