XVIII Carreira Popular Santa Uxía de Riveira
- setembro 27, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Desta vez tocou desprazarse ata Riveira onde se disputaba a XVIII
Carreira Popular Santa Uxía de Riveira sobre unha distancia de 10 km
homologados que se terían que dar en dúas voltas.
Os obxectivos
serán o de mellorar o resultado do ano anterior e si se pode baixar
a miña MMP nesta distancia xa que está homologada pola federación
aínda que vai estar complicado xa que esta semana non puiden
adestrar porque me colleu o frío e estiben algo acatarrado pero
farase o mellor posible.
Unha vez chegados a Riveira recollín o
dorsal e púxenme a quentar xa que cheguei co tempo bastante xusto
aínda así deume tempo a saudar a compañeiros de carreiras e a
observar o nivel que ía haber. Xa preparados para a saída
coloqueime na parte media cara adiante, había bastante corredores
por diante, cousa que empeorou o meu tempo xa que unha vez dada a
saída non tiña por onde avanzar ben polo que ía correndo a golpes
sen ter un sitio por onde marcar o meu ritmo para intentar bater a
miña marca e ata o km 2 ou 3 non comecei a marcar un ritmo forte e
gañar posicións.
A partir de aí seguín a táctica de intentar coller ao seguinte corredor xa que non son moito de quedarme nun grupo e menos se estou para intentar baixar marca. Cando xa levaba 5 km e pasei por meta sentíame cómodo e ía ben de pernas polo que seguín tirando e pasando a outros corredores ata que cheguei a un punto no que tiña tanto ao corredor de atrás como a corredora de adiante con distancia, aínda así seguín empuxando xa que na miña cabeza pensaba soamente no meu tempo e que competía contra min e así o último fíxeno sen pensar se tiña forzas ou non pero apertei o máximo para intentar mellorar a marca.

O final posto 26º de 296 e
4º da categoría con un tempo de 36:55 o que equivale un ritmo de
3:42 min/km. Os obxectivos finalmente foron cumpridos, mellorei a
resultado do ano anterior e conseguín MMP reducindo o meu tempo en
11 segundos aínda que non é moito, xa baixei a barreira dos 37
minutos polo que a próxima meta será baixar aos 35 minutos. En
canto as sensación durante a carreira moi ben sen ningún tipo de
molestia e ao acabar un pouco de dor no peito producido polo catarro
que aínda teño pero nada preocupante.
0 comments