CorreSan '15 - Cronoescalada ao Monte Pedroso

Desta vez tocou desprazarse ata Santiago de Compostela onde se disputaba a 3ª proba do Circuíto CorreSan coa proba da Cronoescalada ao Monte Pedroso – Granxa do Xesto duns 3,6 Km aproximadamente. 
Proba interesante xa que imos saíndo individualmente e tiñamos que marcar nos o noso ritmo de carreira para subir ata a cima do Monte Pedroso, non como en outras nas que podes quedar nun grupo onde seguir o ritmo. O obxectivo será o de mellorar o resultado do ano anterior e seguir recortando posición na clasificación do circuíto a ver ata onde dou chegado... 
Cheguei cedo ao lugar da saída xa que a esta proba non soe ir moita xente, non sei o motivo pero podo imaxinar que lle ten medo as pendentes. Alí puiden observar o gran traballo da organización xa que tiña tempo ata a hora que me tocaba saír. Chegada a hora coloqueime na rampla de saída e comezou a miña carreira. Nos primeiros metros saín rápido xa que o terreo era máis favorable pero comezaba a notar o cansancio de correr o día anterior as 3 horas monumentales en Lugo, aínda así non baixei o ritmo e seguín apertando e comezando a coller corredores que ían a un ritmo máis lento co meu. Cando faltaba sobre un km para chegar a meta o cansancio xa non se notaba e apertei un pouco máis intentando alcanzar ao seguinte corredor que o cheguei a coller a iso de 400m para o final. Xusto cando o pasei e sabendo que xa non me quedaba nada para rematar apertei todo o que din para chegar bastante forte a meta. 
O final posto 27º de 226 e 10º da categoría con un tempo de 16:09 o que equivale un ritmo de 4:29 min/km. Os obxectivos finalmente foron cumpridos polo menos o de mellorar o rexistro do ano pasado en 41 segundo, o de recortar posicións hai que esperar a que saquen a clasificación do circuíto pero algo seguro que melloro. 
Resumindo, carreira dura na que practicamente todo a carreira estamos subindo e onde o último km é dos que máis pendente ten, aínda así está moi ben esta modalidade de carreira porque tes que marcar ti o teu ritmo e non tes a opción de meterte nun grupo onde che marquen o ritmo como pasa en carreiras de máis distancia.

Tamén che pode gustar:

0 comments