3ª Edición da Carreira por relevos 3hr Monumentales
- setembro 19, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Desta vez tocou desprazarse ata Lugo onde se disputaba a 3ª
Edición da Carreira por relevos 3hr Monumentales.
Este será o
segundo ano que participo nesta proba pero desta vez formando parte
dun equipo mixto. Os equipos están formados por tres persoas nas que
temos que dar un mínimo de tres voltas a muralla de Lugo cada un,
cada volta ten unha distancia de 2,65 km e temos que estar dando
voltas durante 3 horas. O obxectivo sería desfrutar da carreira,
tomalo como un gran adestramento porque ao ser unha distancia “corta”
e ser por relevos pódese adestrar series e si se pode chegar o podio
moito mellor.
A última
hora fíxoseme eterna, as pernas xa comezaban a notar cansancio e os
ritmo subían pero seguiamos loitando por ese primeiro posto. A derrareira volta tocoume dala a min e tras ver que practicamente era
imposible reducir a vantaxe que nos levaban había que conformarse
coa segunda posición.
Resumindo, carreira moi recomendada na que se desfruta moito e
pos aproba a túa resistencia física durante as 3 horas de carreira
e ben organizada poñéndolle un pero as duchas que só se podía ir
ata as 20:00h sendo a mesma hora a entrega de premios e rematando de
correr 20 minutos antes, polo demais ben!
Cadro de tempos e ritmos das volta que fumos capaces de dar a Muralla e en verde as miñas voltas
0 comments