XIII Carreira Popular Concello de Padrón
- marzo 07, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Hoxe despraceime ata
Padrón onde se celebraba a XIII Carreira Popular Concello de
Padrón10k. Tras estar xa case recuperado da gripe e dos xemelgos
todo apuntaba a que era unha boa tarde para bater a MMP nos 10 km xa
que a carreira estaba homologada. A miña marca é de 38:25 aínda que
xa teño feito marcas por debaixo, están sen homologar o obxectivo
que quería superar era facela por debaixo dos 36 minutos.
Día de calor en
Padrón que despois de tantas carreiras con chuvia ou temperaturas
suaves xa se agradecía. Tras realizar o quecemento e colocarme no
meu caixón, deuse a saída. Todo ía ben, no km 1 creo que ía con
un ritmo cómodo, intentando buscar sitios para pasar a corredores e
coller o ritmo para bater a marca. A partir do km 2 xa levaba ritmo
para conseguir a marca e sentíame ben, sen molestias nos xemelgos
nin sóleos polo que xa estaba recuperado da sobrecarga da semana
anterior.
Todo foi ben ata que
no km 4,5 empecei a sentir molestias no abdome e xa empecei a pensar
que me ía pasar como a semana pasaba en Xinzo de Limia e darme flato. Efectivamente, tras ver o tempo polo paso da primeira volta 18:46
(para un tempo de 37 e medio aprox.) e aguantar as aparencias diante
do público asistente na zona de meta, vinme abaixo e tiven que
baixar o ritmo moito para intentar que o flato desaparecera.
Mentres presionaba e me daba “masaxes” na zona, vía como o globo de sub-38 me adiantaba e moitos corredores máis, algún animándome e ofrecéndome auga pero a dor non pasaba e incluso me pasou o globo de sub-42 polo que unha vez que me pasou este globo, xa din a carreira por perdida e o meu obxectivo era recuperarme canto antes e facer un tempo aceptable aínda que pola miña cabeza pasaba sempre a opción de retirarme.
Tras 3,5 km con un ritmo moi baixo practicamente andando parecía que a dor estaba a desaparecer e empecei a subir o ritmo os pouco pero as molestias seguían aí, polo que decidín aguantar un ritmo algo máis elevado mentres exercía forza na zona afectada para intentar que non me doera moito. Isto fixo que puidera adiantar a algún atleta e cando quedaban 500 metros para a meta xa non tiña dor e fíxenos practicamente a sprint para acabar ben, esta última volta levoume 22:59, 4 minutos máis que na primeira volta.
O final posto 205 de 632 e 50 da miña categoría con un tempo de 41:49 moi lonxe das miñas marcas e un ritmo de 4:10 min/km. Moi decepcionado co meu resultado e rendemento aínda así mellorei en 30 segundo a miña marca nesta carreira do ano pasado que tamén chegaba tras unha lesión de xeonllo e foi para coller confianza.

Resumindo que o meu
estado despois das semanas que tiven gripe deixáronme moi tocado e
puido influír tamén a calor que fixo polo que esta semana vai tocar
adestrar duramente para intentar facer MMP o domingo no Porriño. En
canto a carreira o asfalto con moitos baches, zona de badéns e unha
zona de adoquines que non é moi idónea para correr e facer marca e
o avituallamento final moi lento polo resto sen ningún problema.
0 comments