IV Cross Río Liñares
- marzo 14, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Hoxe tocou
desprazarse ata A Estrada onde se celebraba o IV Cross Río Liñares,
primeira vez que disputaba esta proba. O obxectivo unicamente era
coller ritmo para o Domingo xa que intentaría conseguir MMP e ver no
estado que me atopaba despois de que nas dúas últimas carreira me
dera flato e arruinara as miñas opcións de facer marca.
Unha vez que
conseguín chegar a praia fluvial de Liñares, que por certo moi
bonito sitio, xa se sentía un gran ambiente de atletismo aínda que
eramos poucos atletas, ademais o tempo acompañaba a disfrutar do
atletismo.
Unha vez colocado na
parte de atrás da saída porque como xa dixen a intención era
comprobar sensacións para Domingo, empezou a carreira, tres voltas a
un circuíto de 3km no que te atopabas de todo: “monte”, camiños
de terra, pequenos tramos de subida e baixada, tramos de herba,
asfalto e incluso uns metros de area. A primeira volta fun tranquilo
para ver as sensacións que tiña e de momento non me aparecera nin
flato nin molestias no tendón de Aquiles polo que na segunda volta
empecei a apertar un pouco e a pasar corredores, seguía indo ben sen
ningún tipo de molestia e para a última volta fun máis rápido,
posiblemente máis forte do que debería pero as sensacións eran
boas e acabei contento co resultado obtido.
O final posto 21º
de 85 e 7º na categoría con un tempo de 35:27 e un ritmo de 3:56.
A carreira a pesar
de ser 3 voltas e a min non me gustar as carreiras por voltas esta
está moi ben e entretida, non sei porque se anota tan pouca xente a
esta carreira... para o ano seguro que estarei alí.
En canto as sensacións propias, moi boas indo de menos a máis e acadando bo ritmo para mañá. O peor e que agora ao arrefriar estame molestando moito o tendón de Aquiles e non sei se estarei en condicións para mañá, esperemos que sí.
En canto as sensacións propias, moi boas indo de menos a máis e acadando bo ritmo para mañá. O peor e que agora ao arrefriar estame molestando moito o tendón de Aquiles e non sei se estarei en condicións para mañá, esperemos que sí.
0 comments