IX Interrunning Concello de Porriño
- marzo 15, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras a carreira de
onte na Estrada, na que pasei unha tarde-noite con bastante dor no
tendón de Aquiles e poñéndolle crema anti-inflamatoria ao
despertar era xa unha pequena molestia polo que decidín desprazarme
ata O Porriño, onde se celebraba a IX Interrunning Concello de
Porriño, que este ano por primeira vez estaba homologada e será a
miña primeira participación, ademais é un bo circuíto para facer
marcar polo que o obxectivo sería intentar baixar a miña MMP pero
non ía intentar baixar aos 35min como quixen facer en Padrón só
quería baixar a marca que teño dende Riveira 2014 de 38:25.
A carreira era
practicamente llana e disputábase a dúas voltas. Tras chegar
xustos, fomos xa quentando a recoller o dorsal e meternos nos
caixóns. Eu notei un pouco de caos, xa que non había ninguén que
controlase a entrada e vin dorsais que non debían estar alí, pero é
o de sempre... Unha vez se deu a saída intentaba buscar un sitio
onde poder rodar cómodo o km 1, xa que, como non quentara moito tiña
que entrar en calor.
Menos mal que a saída era o suficientemente
ancha para atopar sitio e rápido me fun atopando en condición de ir
subindo o ritmo. Despois do km 1 xa con ritmo funo subindo sempre
intentando coller aos atletas que levaba por diante, no paso polo
control establecido no km 3,2 pasei na posición 178º con un tempo
de 12:23 e un ritmo de 3:53, bastante ben, ademais sentíame cómodo
e nin rastro da molestia do tendón de Aquiles e seguín co mesmo
plan de carreira a intentar coller ao atleta que levaba diante xa que
cada vez eran máis rápidos o meu ritmo tamén tiña que ir subindo,
polo que no paso pola primeira volta, km 5, xa ía no posto 139º con
un tempo de 18:51 e un ritmo de 3:47.
Cada vez custaba máis coller
aos atletas de adiante pero sentíame ben e seguín apertando,
ademais o ambiente e a xente animando axudaba moito a seguir. No paso
polo control no km 8,2 estaba colocado no posto 101º con un tempo de
30:48 e un ritmo de 3:46. A partir de pasar por ese control foi onde
me decidín a dar todo o que tiña e empezar a apertar pero sempre
controlando para deixar algo para o sprint final porque sabía que me
ía facer falta. Eses últimos km foron espectaculares ademais moita
xente animando polo que aí gastei todas as forzas que me quedaban e
fixen un intenso sprint final onde adiantei a varios atletas.
O final cheguei na
posición 90º de 1227 e 27º da categoría con un tempo final de
37:06 e ritmo de 3:43 min/km. Polo que esta será a MMP ata o momento
rebaixando a anterior en 1 minuto 19 segundos e o obxectivo da
carreira estaría cumprido.
En resumen é unha
gran carreira para facer marca, moita xente animando aos atletas, un
agasallo para todos os participantes que me agradou moito e boa
organización co único inconveniente da entrada nos caixóns que
debería haber alguén controlando o acceso.
Agora a seguir
adestrando duramente para seguir baixando marcas e acercarme pouco a
pouco aos postos de adiante!
0 comments