Sendeirismo - Grobas/Ameixedo

Despois de moito intentalo e buscar día para ir, por fin conseguimos ir visitar a aldea de Grobas, abandonada dende fai décadas e de paso facer unha ruta de sendeirismo por alí. A intención era de saír dende Fixó e facer unha ruta circular que nos levaría por Fixó, Alto do Coco, Bustelos e a aldea de Grobas pero ao final ao non atopar Fixó cambiamos de ruta e fomos cara os eólicos onde teríamos que baixar unha pendente pedregosa que remataría na aldea de Grobas e mentres se baixa a pendente, xa se podería observar a aldea.

Unha vez que chegamos abaixo, puidemos observar o que queda da aldea, os restos das casas sen tellado, os hórreos caídos, a ponte sobre o regato e como a vexetación pouco a pouco se fai dono destes restos abandonados.




Destacar tamén as vistas e o agradable entorno arredor do regato de Grobas que ben vale a pena baixar ata alí para desfrutar del e da tranquilidade que ofrece.





Despois de visitar a aldea e o entorno do regato, decidimos continuar o camiño que estaba marcado con unha cinta polo trail de Vilatuxe que se celebrara semanas antes (posiblemente para o ano que ven, faga este trail para volver desfrutar deste entorno). Isto levaríanos a ter que subir pola montaña como se fóramos case escaladores, este sería o punto máis complicado do noso traxecto pero tamén o que máis desfrutamos. 



Mentres subiamos íamos parando para descansar, admirar a paisaxe e ver o traxecto que levabamos feito. Tamén daba tempo a pensar cal sería a próxima ruta que faríamos. Na seguinte imaxe pódense ver os eólicos de fondo, sitio onde tiñamos o coche.













Tras coroar a montaña puidemos sentir como se acabaramos de coroar os Alpes e sentir un aire forte que che facía perder a estabilidade (polo menos no meu caso que peso pouco). Ao seguir o camiño ata a seguinte aldea, atopámonos cunhas vacas que algún de nos as foi acaricias e incluso sacarse un "selfie" con elas.

Unha vez que chegamos a seguinte aldea, Ameixedo, fixemos o alto para comer e ver que íamos facer se seguir a ruta ou dar volta. Finalmente decidimos regresar por onde fomos pero desta vez volvemos máis rápido sen parar para sacar fotos polo que o traxecto que nos levara sobre 3 horas a volta levaríanos entorno a hora e algo. 
Ao final foron sobre 10km de ruta e con bastante desnivel acumulado. Sen dubida para min gustoume máis a volta por ir a un ritmo máis elevado pero no que me din de conta que hai que estar preparado para ir pola montaña, sobre todo se queres ir a trote ou correndo para ir andando non fai falta moito.
Esperemos que estas etapas se poidan volver a repetir pronto porque aparte de facer exercicio sempre e agradable pasar o día de contos cos amigos e desfrutar das paisaxes.



Tamén che pode gustar:

0 comments