Campionato Provincial de Cross 2022 (Ribadavia)
- novembro 26, 2022
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Este finde ía descansar pero avisáronme de que facía falta xente para facer equipo para participar no Campionato Provincial de Cross que se celebraba en Ribadavia e tocou ir intentar axudar ao equipo. A distancia serían uns 6 Km's dando 4 voltas ao circuíto. Primeira vez nun campionato provincial pero o percorrido si que o coñecía xa que era no mesmo sitio onde os últimos anos se celebra o campionato galego.
O obxectivo sería:
- Quedar o mellor posible para intentar axudar ao equipo.
Cheguei ben de tempo, aínda puiden dar unha volta antes de cambiarme que non me apetecía nada xa que estaba facendo moito frío e non contaba con que fixera tanto senón houbese levado unha camiseta térmica máis os guantes. Xa cambiados houbo un pequeno problema e é que as zapas de cross quedábanme bastante xusta, debeume medrar o pé un pouco dende a última vez que puxen esas zapas que xa non recordo cando foi pero agora había que correr así.
Intentamos quentar un pouco para espantar o frío, pasei por cámara de chamadas e continúo co quecemento aínda que o frío non había maneira de botalo fora.
Chegado o momento colocámonos na liña de saída. Éramos moi poucos corredores pero os que estaban practicamente eran todos máis rápidos ca min ademais neste terreo que non me gusta moito. Disparo ao aire e comeza a proba.
Arranquei con precaución xa que os compañeiros de equipo me dixeron que o había moitos buratos e había que ir con coidado polo que a primeira volta foi unha toma de contacto e a verdade é que tiñan razón había buracos perigosos no medio do trazado. Así fixen a primeira volta testando a ver por onde tiña que ir no resto das voltas.
Xa coñecendo mellor o percorrido, ía nun grupo de 4 corredores, dos que estaba intentando non descolgarme aínda non me atopaba cómodo polo frío que estaba facendo e non conseguía entrar en calor. segundo ían pasando os metros, en cada xiro no que despois había que volver a coller ritmo íame quedando atrasado e pouco a pouco funme quedando só.
Así na terceira volta xa ía en solitario, seguía forzando para que non me alcanzase ninguén por detrás e así fun nesta volta e na derradeira onde tiven que esprintar un pouco na recta de meta por seguridade e conservar o posto.
- Posto xeral: 17º de 25.
- Posto categoría: 17º
- Posto equipos: 2º 🏆
- Tempo: 18:58 min.
- Ritmo: 3:52 min/km
O obxectivo cumprido xa que conseguimos ser 2º por equipos pero non grazas a min xa que puntuaban 4 para o equipo e fun o 5º do equipo en chegar a meta. As sensacións tampouco foron moi boas creo que polo frío de feito acabei a carreira e aínda non entrara en calor. Estas temperaturas non son para min... Ademais acabei con dor nas uñas dos pes porque a zapatilla apertábame un pouco.
En canto a carreira o que me esperaba sendo só campionato, nada de avituallamento pero ben na marcaxe do percorrido, cámara de chamadas rápida (tampouco eramos moitos) e vestiarios e duchas ao carón da meta.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Jesse Jesús Corro Roufett ... 16:34
- Iván Docampo González ... 16:47
- Albino Fernández García ... 16:56
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Antía Rodríguez Abad ... 20:05
- Concepción Prada Hernández ... 22:07
- Whitney Rodríguez Somoza ... 26:19
🏆 Clasificación equipos 🏆
- ADAS CUPA
- Atletismo Arenteiro
- Burgas Ourense
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas.
0 comments