XXXIX Carreira Pedestre da Amaia

Despois de 6 anos tocou volver a participar nesta proba pero daquelas a proba eran 8 Km con saída na Carballeira de Santa Minia. Agora xa na súa 39ª edición o percorrido non sae dende o mesmo sitio e son dúas voltas ata completar unha distancia de 10 Km.

O obxectivo sería:
  • Establecer unha marca neste novo percorrido e seguir coa preparación dos campionatos galegos deste mes.
Intentei chegar cedo pero cando cheguei xa tiñan as estradas cortadas e xa se estaban disputando algunhas das carreiras de menores que ían antes ca proba absoluta. Por sorte tiñan un prado ao carón da carreira para poder estacionar polo que non houbo problema. Fun recoller o dorsal e como aínda quedaba tempo púxenme a ver as outras carreiras que se estaban disputando. Chegado o momento, funme cambiar e a poñerme a quecer. Xa puiden comprobar que ía tocar sufrir porque todo parecía indicar que ía haber moita subida e baixada.

Cando restaban 5 min. xa nos fomos achegando ao arco de saída quedei ben situado, ademais a rúa pola que íamos saír era ancha e non debía haber problemas para comezar a marcar o ritmo rápido. Así tras un disparo ao aire deu comezo a proba.


Arranquei ben, gañando algún posto pero intentando non forzar moito xa que mentres quentaba dixéronme que o percorrido ía ser duro. Así que a primeira volta sería para tantear o terreo e na segunda intentar apertar algo máis. O percorrido comezaba con unha lixeira subida pero todos saíron con moitas ganas. Unha pequena baixada para recupera o esforzo da saída e xa comezabamos de novo a subir pouco a pouco. 


Comecei a marcar o meu ritmo o que fixo que seguise gañando postos. Tras un xiro a esquerda no km 1,3 aprox. a subida volvíase máis intensa e así estivemos ata o km 2,5 onde estaba a igrexa de Santa Minia. De momento fun subindo bastante ben pero as sensacións non estaban sendo moi boas, notábame como canso pero había que seguir tirando.

Tras chegar a igrexa comezaba unha forte baixada ata o km 3,3. Esta baixada desfacíache as pernas. Eu deixeime levar para non castigalas moito.

Rematada a baixada o que sería a parte máis "fácil", un pouco de llano onde tamén imos por terra para empezar unha nova subida pequena pero intensa. Mentres eu seguía gañando postos pero xa me custaba moito chegar ao seguinte corredor porque os ritmos xa se empezaban a igualar.


Rematada a subida o terreo volvíase moi favorable xa que era unha baixada sen moita inclinación onde podías ir moi rápido xa practicamente ata a recta de meta que comezaba novamente a subir. Esta primeira volta fíxena nun tempo de 18:32 min.

Comecei a segunda volta con ganas pero agora que sabía como era o percorrido ía tocar sufrir xa que tiña as pernas como pedras e sentíame canso polo que había que intentar manter o ritmo para non perder postos.


Máis ou menos vouno conseguindo xa que perdía algún posto pero tamén ía gañando algún e así mantíñame no mesmo posto. A subida ata a igrexa pensei que non remataba nunca pero despois aínda quedaba o peor, baixar. Xa me doía todo e polo km 8 aprox., empezoume a doer o estómago penso que foi polo impacto de baixar porque duroume pouco e uns metros máis adiante xa ía ben.


Encarando xa a última baixada intento dar todo o que tiña máis que nada para despegarme dos perseguidores e así xa na recta de meta un último sprint contra un corredor do Triki Team que consigo gañar e así cruzar a meta con un tempo nesta segunda volta de 19:35 min. 1 minuto máis lento que na primeira volta pero xa ía pedindo a hora...


O resultado final foi:
  • Posto xeral: 26º de 167
  • Posto categoría: 11º
  • Tempo: 38:07 min.
  • Ritmo: 3:53 min/km
O obxectivo cumprido xa que non era moi difícil de acadar pero as sensacións en carreira non foron moi boas. Sensación de ir cansado e coas pernas coma pedras. 

En canto a carreira, o percorrido bastante duro con continuas subidas constantes e fortes baixadas que che desfacían as pernas. Voluntarios nos cruces e boa zona para poder aparcar. Tivo partes negativas como foi o tema dos avituallamento xa que penso que non houbo intermedio (igual me equivoco pero eu non o vin) e o avituallamento final só nos deron auga que despois do esforzo realizado creo que non era suficiente. Ademais as duchas ninguén sabía onde eran, nin no regulamento poñía nada pero si que había.


🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Hugo García Souto ... 31:31
  2. Nuno Costa ... 31:57
  3. Jesse Corro Roufett ... 32:27
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Ester Navarrete Santana ... 36:35
  2. Natalia Castro Santos ... 38:13
  3. Sandra Mosquera Losada ... 38:30
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas.

Tamén che pode gustar:

0 comments