XXIII Carreira Popular Santa Uxía de Ribeira
- setembro 24, 2022
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras participar o día anterior na Carreira Solidaria de Lalín, tocou desprazarse ata Ribeira onde se celebraba a XXIII Carreira Popular Santa Uxía de Ribeira con un percorrido de dúas voltas ata completar unha distancia de 10Km. Esta sería a segunda proba de catro do circuíto de carreiras Barbanza-Arousa na que estou inscrito pero que non puiden asistir a primeira polo que agora tería que facer as tres restantes para poder entrar na clasificación.
O obxectivo sería:
- Apertar ao máximo para ver que opcións teño para a clasificación do circuíto.
- Facer un test de 10K para os próximos obxectivos.
Coma sempre cheguei cedo a Ribeira, aínda me deu tempo de ver as carreiras de menores que ían antes que a proba absoluta. Estaba facendo bastante vento pero viña por rachas polo que igual librabamos e non nos afectaba moito. Chegada a hora funme cambiar e xa me puxen a quecer. Había que comprobar como estaban as pernas despois da carreira do día anterior e todo parecía estar no seu sitio e con ganas de correr. Funme achegando a zona de saída que estaba no zona do Porto. Quedeime un pouco atrasado pero era fácil recuperar xa que a zona era bastante ancha e podíase recuperar rápido. Así tras un atraso de case 10 min. arrancou a proba.
Foto: Deportes de Ribeira |
Todo ía ben durante a primeira volta xa que fixen os 5Km nun tempo de 18:00 min. só 27 segundos máis lento que a mellor marca que teño nesa distancia. Pero foi comezar a segunda volta e todo foi a peor.
O vento dirección Coroso era insoportable e estaba soprando máis forte, era realmente molesto e dábame a sensación de non avanzar como debería. Ademais as pernas xa non estaban respondendo tan ben posiblemente o cansancio de correr o día anterior comezouse a notar e xa non me notaba tan ben coma na primeira volta e algún que outro posto perdín.
Así tras facer un bo tempo na primeira volta a segunda saíume nun tempo de 19:05 min. 1:05 min. máis que na primeira volta pero eu xa ía o límite e fun tirando con todo o que tiña.
- Posto xeral: 31º de 213.
- Posto categoría: 8º.
- Tempo: 37:07 min.
- Ritmo: 3:41 min/km.
Os obxectivos máis ou menos quería facer a proba entre 36 e 37 min. e saíume un pouco máis de 37 min. e na clasificación para o circuíto estarei sobre o 6º lugar aprox. moito máis adiante xa é imposible debido o alto nivel que hai.
En canto a carreira ben, percorrido moi rápido pero nesta ocasión penalizado polo vento de non ser así os tempos seguro que saían moito mellor. Voluntarios en cruces e puntos conflitivos. Avituallamento intermedio liquido e o final moi completo con froita, auga, isotónico e ata había empanada, cervexa e rosca. Ademais camiseta técnica de agasallo da proba.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Hugo García Souto ... 30:44
- Pablo Otero Fariña ... 30:53
- Anxo Castro Varela ... 31:05
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Laura Santos Domínguez ... 34:15
- Sandra Mosquera Losada ... 38:11
- Rocio Alvite Ferreiro ... 39:32
Pd.: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Deportes de Ribeira by Difusión ProSport e Arousa Neo. Moitas grazas.
0 comments