II Cross Solidario "Unha tarde con Samuel"
- marzo 26, 2022
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Xa encadeando adestramentos e collendo ritmo. Tocou desprazarse ata Santiago de Compostela, concretamente ata o Monte do Gozo onde se ía celebrar unhas desas probas nas que sempre que se poida hai que participar xa que a súa finalidade e recadar diñeiro para a investigación dunha enfermidade rara. Esta era a segunda edición do Cross Solidario en favor da investigación de Duchenne y Becker "Unha tarde con Samuel". O percorrido 4 voltas ata completar unha distancia de 5 Km aprox. que transcorrían polo parque do Monte do Gozo.
Desta vez sen obxectivos xa que o importante era participar e ademais ía correr e gravar a vez xa que ando inventando algo pero de momento só ando facendo probas.
Como intento facer sempre, fun con tempo para aparcar ben pero sorprendentemente xa estaba alí todo o mundo e tiven que aparcar máis lonxe do lugar da saída. Vou recoller o dorsal e vese un moi bo ambiente. Nese traxecto foto con Jesús Bernal e algún corredor máis que por alí pasaba.
Foto: Jesús Bernal |
Foto: FotoCampeón |
- Posto xeral: 22º de 143.
- Posto categoría: 4º.
- Tempo: 17:45 min.
- Ritmo: 4:06 min/km.
- Amador Pena Torreira ... 15:18
- Marcos López Sampedro ... 15:25
- Daniel Paz Pardo ... 15:30
- Julia Vaquero Sousa ... 19:11
- Alejandra Formoso Recarey ... 19:31
- Elena Veres Ojea ... 19:41
Pd: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Jesús Bernal, Juanma Fotografía e FotoCampeón. Moitas grazas.
0 comments