Trail da Cidá 2019
- xaneiro 27, 2019
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
PREVIA
Primeira proba deste 2019 e primeira polo monte. Tocou desprazarse ata Ribeira onde se celebraba o Trail da Cidá. Unha proba organizada por Arousa Neo duns 14 Km con un desnivel acumulado entorno aos 600m. Non cheguei moi preparado xa que levaba parado dende a San Silvestre por mor dunha forte gripe e comecei a adestrar na mesma semana.
Os obxectivos serían:
- Quedar o mellor posible para a clasificación por equipos xa que o amigos de "Azervañan" contaron comigo para o equipo.
- Chegar a meta sen ningunha lesión.
- Volver a desfrutar da natureza e paisaxes que sempre nos mostra a Ria de Arousa.
A PROBA
Cheguei a Ribeira cos compañeiros de equipo, fomos recoller o dorsal e a acabar de cambiarnos. Sen apenas quecer xa tocou poñerse na saída mentres saudaba a outros compañeiros de carreira que ían disputar a proba pero antes o fotógrafo e speaker (neste caso non lle tocou) Eduardo sacoume unha foto xa que eu non podía quedar sen ela... jajajaFoto: Arousa Neo |
A proba arrancaba dende a Praza do Concello e ía subindo polo Parque Periurbano de San Roque (Km 1,3). Uns 700 metros despois do parque rematamos coa primeira das 3 subidas importantes que tiña a proba.
Foto: Arousa Neo |
Foto: Arousa Neo |
Foto: Arousa Neo |
Unha vez sorteados eses dous obstáculos comezou a baixada en dous tramos. Primeiro uns 300 metros, logo subir uns 200 metros e acabar de baixar xa ata o km 7.
Dende o Km 7 ata o 10 foi un continuo sube e baixa non moi duro pero si moi entretido xa que se non recordo mal foi cando nos tocou percorrer camiños anegados e cheos de barro. Entorno ao km 9 estaba o único avituallamento liquido que había na proba, do cal pasei xa que eu levaba o meu propio.
Foto: Arousa Neo |
Foto: Arousa Neo |
Foto: Arousa Neo |
Houbo un tramo que non me gustou nada baixando, unha zona empedrada que castigaba moito as pernas con un xiro cerrado ao final, a partir de aí xa por asfalto encarabamos os últimos 300m. onde escoitaba de fondo como o corredor que me perseguía estaba cada vez máis preto, polo que comecei a aumentar o ritmo acercándome a ritmos de 3:00 min/km xa que non quería perder ningún posto para a clasificación por equipos.
RESULTADOS
- Posto xeral: 48º de 344.
- Posto categoría: 17º.
- Posto equipos: 10º de 19.
- Tempo: 1:18:23.
- Ritmo: 5:25 min/km.
OBXECTIVOS
Os obxectivos cumpridos cheguei bastante satisfeito a meta sabendo que só levaba unha semana adestrando. A posición para o equipo non foi a mellor e finalmente non nos puidemos achegar ao podio e o peor foi o meu pé xa que non sei se son as zapatillas pero sempre que corro con elas me acaban abrindo un pouco o pé e acabei con algo de dor.
En canto a proba non podía esperar menos e os organizadores Arousa Neo seguen na súa liña de facer as cousas perfectas e con un gran trato ao corredor polo que é normal que estas probas do Revolutrion Trail Series, ao cal a ver algún ano me inscribo ao circuíto para facelo enteiro, sigan medrando en número de inscritos. Seguro que este ano algunha máis farei polo que ata a próxima e espero chegar mellor preparado.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Victor González Horta ...... 1:08:08
- Carlos Lorenzo Blanco ...... 1:08:11
- Esteban Toucedo Santos ... 1:08:17
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Beatriz Barroso Pérez ............ 1:26:24
- Elena Matalobos Redondo ... 1:28:15
- Pati Martínez Lago .................. 1:33:00
0 comments