XIV Carreira Mar de Boiro
- decembro 02, 2018
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras correr o día anterior a CorreSan - Barrio de San Pedro, tocou rematar tamén o III Circuíto de Carreiras Arousa Norte que me levaría a disputar a XIV Carreira Mar de Boiro, sobre unha distancia de 10 Km.
Os obxectivos serían:
- Intentar mellorar o tempo acadado o ano pasado que é de 36:30 min.
- Quedar o mellor posible para a clasificación final do circuíto.
Cheguei a Boiro xusto para recoller o agasallo técnico (unha camiseta), poñer unha crema de calor no soleo e xemelgo que o tiña algo tocado do día anterior e xa me puxen a quecer. Ultimamente estou chegando as probas co tempo bastante xusto...
Coloqueime na zona dianteira, aínda que creo que algo máis atrasado do que debería pero como o comezo da proba era ancho e picaba cara abaixo non ía perder moito xa que polo normal saen todos os corredores moi rápido.
Tras unha conta atrás deuse a saída e a miña teoría foi correcta, fixen unha boa saída pese a estar algo atrasado porque por diante saíron todos moi rápido, tanto que me estaba custando gañar postos.
Os dous primeiros Km son bastante favorables xa que se comeza baixando e logo vaise todo polo paseo da Praia de Barraña, aínda que este ano polo paseo paseino bastante mal porque facía moito vento e a min "peso pluma" aféctame moito. As sensacións non estaban sendo moi boas xa dende o comezo. Intentei saír forte dende o principio pero tiña unha molestia na zona onde rematan as costelas como un punto que non me deixaba apertar máis. De todas formas estes dous Km's saíronme bastante rápidos a 3:26 e 3:35 min/km.
Saíndo do paseo pódese dicir que empeza a carreira de verdade ou o duro da proba xa que comezabamos a subir constantemente ata o km 4,5. Eu seguín apertando a pesar da molestia pero os ritmos non estaban saíndo e estábame custando máis do normal manter a respiración.
Dende o Km 5,5 onde estaba situado o avituallamento intermedio ata o 8,5 fun perdendo postos sen ser quen de facer nada, non daba nin seguir aos corredores que me estaban adiantando porque o punto que tiña non me permitía forzas máis e o soleo xa estaba doendo, non para ir coxeando pero a molestia era notable. Durante todo este trama o terreo era un continuo sube e baixa.
Cando xa só restaba 1,5 Km para a meta, decidín dar todo o que me quedaba para non seguir perdendo postos. Aínda que nesta última parte estaba o máis dura da proba. Primeiro había unha baixada e logo unha dura subida duns 300 metros e que outros anos o teño pasado mal aí. Este como tiña reserva nas pernas puiden subir "rápido" e poder así conservar o posto ata meta xa que unha vez rematabas a subida era todo terreo favorable e case por inercia chegabas rápido a meta.
Coloqueime na zona dianteira, aínda que creo que algo máis atrasado do que debería pero como o comezo da proba era ancho e picaba cara abaixo non ía perder moito xa que polo normal saen todos os corredores moi rápido.
Tras unha conta atrás deuse a saída e a miña teoría foi correcta, fixen unha boa saída pese a estar algo atrasado porque por diante saíron todos moi rápido, tanto que me estaba custando gañar postos.
Foto: Marcos Creo (La Voz de Galicia) |
Saíndo do paseo pódese dicir que empeza a carreira de verdade ou o duro da proba xa que comezabamos a subir constantemente ata o km 4,5. Eu seguín apertando a pesar da molestia pero os ritmos non estaban saíndo e estábame custando máis do normal manter a respiración.
Dende o Km 5,5 onde estaba situado o avituallamento intermedio ata o 8,5 fun perdendo postos sen ser quen de facer nada, non daba nin seguir aos corredores que me estaban adiantando porque o punto que tiña non me permitía forzas máis e o soleo xa estaba doendo, non para ir coxeando pero a molestia era notable. Durante todo este trama o terreo era un continuo sube e baixa.
Cando xa só restaba 1,5 Km para a meta, decidín dar todo o que me quedaba para non seguir perdendo postos. Aínda que nesta última parte estaba o máis dura da proba. Primeiro había unha baixada e logo unha dura subida duns 300 metros e que outros anos o teño pasado mal aí. Este como tiña reserva nas pernas puiden subir "rápido" e poder así conservar o posto ata meta xa que unha vez rematabas a subida era todo terreo favorable e case por inercia chegabas rápido a meta.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 38º de 330.
- Posto categoría: 9º.
- Tempo: 37:53 min.
- Ritmo: 3:47 min/km
Os obxectivos non se puideron cumprir xa que fixen 1:23 minutos máis que o ano pasado e a posición para o circuíto (a falta de resultados finais) non foi moi boa, xa que tras as miñas contas e facer todos os descartes, creo que son 4º da categoría. Ademais esas molestias no soleo non me gustan moito polo que vai tocar descanso ata a Sin-Son 10K a cal xa estou inscrito e na que estará un gran atleta como é Carles Castillejo.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Juán A. Gude Vila ............... 32:27
- Jose Lojo ................................ 32:51
- Jorge González Mariño ... 33:30
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Tina Fernández ...................... 37:56
- Teresa Castro Villaverde ... 40:09
- Sabela Pendado Parada ...... 42:44
PD: Clasificación completa. Foto cortesía de: Marcos Creo (La Voz de Galicia). Moitas gracias.
0 comments