VI Carreira Carneiro ao Espeto

Penúltima proba antes do descanso de verán, que non todo vai ser correr. Despraceime ata Moraña onde se ía celebrar a VI Carreira Carneiro ao Espeto sobre unha distancia de 10 Km, dando dúas voltas ao percorrido e que este ano estaban homologados.

Os obxectivos serían:
  • Mellorar o tempo que teño na distancia acadado en Riveira 2017 e que é de 36:09 min.
  • Se non o consigo intentar mellorar o tempo que teño nesta proba que é de 36:44 min acadados o ano pasado.
Cheguei con tempo de antelación para poder aparcar comodamente, eran as 10 da mañá e sol xa comezaba a quentar con ganas. Fun recoller o dorsal e a esperar que chegase a hora de poñerse a quecer. Mentres esperaba acabei de cambiarme e estiven saudando aos compañeiros de carreiras e de equipo que estaban alí presente para disputar a proba. 

A falta de media hora para o comezo da proba, fun quentar cun compañeiro da SD Barbantia Roda. Cando só faltaban cinco minutos para dar comezo, coloqueime na saída. Algo atrasado para o que debería pero preferín saír aí e ir remontando despois.

Foto: Maribel
Deuse a saída e comecei con algún atranco na primeira das curvas pero algo normal. Tras pasar os embudos das primeiras curvas comecei a marcar un ritmo forte para buscar os obxectivos, isto provocou que comezase a gañar moitos postos. As sensacións eran moi boas a pesar de que no primeiro Km notei como se tivera as pernas cansas pero rápido me pasou esa sensación. 

Foto: RunPhotos Galicia
Durante toda a primeira volta estiven gañando postos ata cerca do Km 4 onde me fun quedando só, con marxe por detrás e os de adiante tamén os tiña a unha boa distancia.

Paso polo km 5 marcando un tempo de 18:14 que supoñía ir a un ritmo de 3:39 min/km. Bastante ben xa que só fixen 12 seg. máis que a marca que teño nos 5K pero ese ritmo non me valía para mellorar a marca nos 10K xa que me iría a 36:30 min. cerca pero había que apertar un pouco máis.

Foto: RunPhotos Galicia
Comecei a segunda volta mantendo a marxe cos perseguidores pero eu só miraba os ritmo que estaba marcando, intentando mantelos para apertar na parte final e chegar con opcións a mellorar o tempo.

En torno ao km 7 xa me din de conta que non ía ser hoxe o día de facer marca, as forzas xa comezaban a escasear e quedaba a peor parte.

Sobre o Km 9 empezaba a parte máis dura do percorrido ou polo menos para min xa que viña a subida dende o pavillón. Unha subida que non ten moita pendente pero con 500 metros picando sempre cara arriba e ao estar no km 9 fíxoseme dura. 

Acabei de subir e alcanzoume un corredor, intentei aguantarlle o ritmo pero eu xa estaba sen forzas e decidín non apertar máis, conformándome así coa posición.

Foto: RunPhotos Galicia
O resultado final foi:
  • Posición xeral: 16º de 164.
  • Posición categoría: 4º.
  • Tempo: 37:53 min.
  • Ritmo: 3:47 min/km
Os obxectivos non se puideron cumprir pero máis ou menos contaba con iso, xa que non é percorrido para facer unhas grandes marcas e a calor que fixo tampouco axudou. De todas formas contento con eses primeiros 5K a ritmo de marca só me falta aguantar un pouco máis.

En canto a proba para min todo perfecto, avituallamento intermedio, mangueiras durante o percorrido para refrescarnos, avituallamento final (os plátanos non había que nos comese do verde que estaban), voluntarios nos cruces e moi bo ambiente.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Alejandro Fernández Rivera ..... 31:57
  2. Jose M. Vieito Vilacoba .............. 32:47
  3. Akka Essaadaoui ............................ 34:07
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Edymar Brea Abreu ........ 35:57
  2. Joselyn Brea Abreu ........ 39:27
  3. Rocio Alvite Ferreiro ..... 40:35
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Maribel, e RunPhotos Galicia. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments