XX Carreira Popular Santa Uxía de Ribeira
- setembro 30, 2017
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou desprazarse a Ribeira para disputar a XX Carreira Popular Santa Uxía - Gran Premio Revolutrion sobre unha distancia de 10 Km homologados en dúas voltas e que este ano cambiaba de percorrido, anunciando que sería máis rápido e llano. Esta proba tamén está dentro do Circuíto de carreiras Arousa Norte, sendo esta a segunda, a primeira foi a Popular da Pobra no que sen confirmación oficial, vou 7º da xeral.
Os obxectivos serían:
- Mellorar a miña marca nos 10K que é de 36:52 min. conseguidos este ano na Interrunning Porriño.
- Quedar na mellor posición posible de cara a clasificación do circuíto.
Unha vez que cheguei a Ribeira, como xa tiña o dorsal do circuíto, tiven tempo de ir dar unha volta polo pobo e ver a carreira das categorías inferiores, mentres chegaba a hora de cambiarse. Unha vez cambiado, un pequeno quecemento e para a liña de saída onde me coloco na zona dianteira para non ter que recuperar moito despois e deuse o inicio (houbo xente que non puido saír a hora porque non sabía ou se despistaron de que a saída era nunha calle anexa a onde estaba o arco de meta).
Tras arrancar medianamente ben, sen perder moitas posición, comezo a marcar un ritmo forte dende o comezo onde pouco a pouco vou gañando postos.
Sigo tirando moi forte, pois na cabeza só pensaba en mellorar o tempo e cada vez que miraba o reloxo vía como o ritmo estaba aí que o podía conseguir.
Despois da primeira das voltas, no punto de control (5,2 km) marco un tempo de 18:34 min que equivale un ritmo de 3:34 min/km, que está moi ben xaque estaba rodando máis rápido que cando fixen a marca nos 5Km, agora tocaba aguantar como fora ese ritmo para conseguir o obxectivo.
Pero esta segunda volta fíxoseme eterna, comecei a notar as pernas como pedras e non querían traballar como antes, o cansancio era evidente e fun tirando como puiden intentando pensar noutras cousas para que estes últimos km's pasasen máis rápido.
Os últimos 2 Km, vou mirando seguido para o reloxo para ir comprobando o tempo e aínda non me cría que fora bater a marca pero chegado o último km empezo a ver que si é posible é que ademais tiña cerca chegar por debaixo dos 36 min. o problema era o cansancio aínda que intentei dar todo o que me quedaba para conseguir a marca pero finalmente non puido ser aínda que conseguín mellorar a marca coa que chegaba.
O resultado final foi:
- Posición xeral: 17º de 228.
- Posición categoría: 5º
- Tempo: 36:09 min.
- Ritmo: 3:37 min/km.
Os obxectivos cumpridos e con creces, non contaba con mellorar tanto a miña marca xa que mellorei 43 seg. e con moi boas sensacións durante toda a proba, se cadra cara o final si é certo que me comezaron a fallar as forzas e estaba desexando chegar a meta pero creo que é algo normal. En canto a posición para o circuíto segundo as miñas contas gaño un posto polo que xa vou 6º e estou a 2 postos/puntos do seguinte clasificado, polo que moi ben.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Nuno F. Ribeiro Pinto Da Costa .......... 30:56
- Pablo M. García Paz ............................ 31:03
- Juan A. Gude Vila ............................... 32:13
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Paula Mayobre González ..................... 36:07
- Esther Rodríguez Díez ......................... 36:39
- Raquel Suárez Pedrosa ......................... 38:24
0 comments