VII Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal

Desta vez tocou desprazarse ata Pobra do Caramiñal onde se disputaba a VII Carreira Popular Concello Pobra do Caramiñal – I Memorial Jesús M. Huerta. Carreira de 7,8 km que se farían en dúas voltas e que esta sería a primeira vez que a ía disputar. 
O obxectivo tras participar onte noutra carreira sería o de levar un ritmo constante todo o tempo e segundo me fora atopando apertar máis ou menos ademais ao haber premios económicos para os cinco primeiros a carreira ía ser máis rápida e eu non creo que estea para apertar moito. 
Tras recoller o dorsal púxenme a realizar os exercicios de quecemento, aínda que ca calor que estaba facendo logo ía quecer. Coloqueime bastante adiante pero sen estar en primeira fila para poder saír xa con un bo ritmo pero coma sempre, a miña saída non foi moi boa e perdín moitas posición polo medo a tropezar. Co paso dos primeiros metros o grupo xa se ía estirando e comecei a marcar un ritmo forte polo que fun adiantando a moitos corredores. Cando xa levaba unha volta dada empecei a notar que se me ía facer moi larga esta última volta supoño que por saír forte, por cansancio da carreira do día anterior e pola calor que estaba a facer, aínda así pouco baixei o ritmo e seguía a pasar a algún corredor. 
De agradecer a mangueira/aspersor que puxeron cando faltaba 1km aprox. xa que facía boa falta para refrescar un pouco. Xa na recta final adiantoume un corredor e por falta de forzas e cansancio decidín non esprintar e conformarme coa posición na que estaba. 
O final posto 23º de 241 e 5º da categoría con un tempo de 26:13 o que equivale un ritmo de 3:22 min/km sempre e cando a distancia estivera ben medida cousa que dubido. 
Os obxectivos cumpridos xa que gran parte da carreira fun bastante ben e con boas sensación a pesar de ter corrido o día anterior e se os premios non foran acumulativos tiña que subir ao podio así que moi contento co resultado.
Resumindo boa carreira, gran traballo dos voluntari@s e organización aínda que o punto negativo é para o avituallamento xa que a min déronme agua do tempo (quente) e polo que escoitaba aos resto dos corredores, tamén se queixaban diso e os últimos en chegar ao avituallamento xa non lles quedaba auga, polo que mellorando iso é unha boa carreira para desfrutar e ir para a praia despois descargar as pernas.

Tamén che pode gustar:

0 comments