XXIV Carreira das Areas de Carnota
- agosto 29, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Practicamente xa en Setembro comeza unha nova tempada de carreiras populares en Galicia polo que hai que volver a rutina cos adestramentos para participar nas carreiras e poder desfrutalas.
Desta vez tocou desprazarse ata Carnota onde se disputaba a XXIV Carreira das Areas Concello de Carnota. Carreira de 10km máis que interesante xa que a gran maiorÃa do percorrido transcorrÃa pola praia de Carnota e esta serÃa a primeira vez que correrÃa por area.
O obxectivo ao ser a primeira carreira despois do descanso de verán pois serÃa ver como me deixaron as vacacións e ir atopando o ritmo de competición polo que non Ãa esperar un gran resultado ademais está o aliciente de correr pola area que non sabÃa como me Ãa atopar.
Unha vez chegamos e recollÃn o dorsal xa me preparei e me puxen a quecer. Unha das cousas que notei foi que a pesar de estar anubrado a temperatura era alta e notábase moita humidade no ambiente. A falta de 10min estirei un pouco e xa fun colocando na saÃda mentres falaba con un compañeiro de equipo que tamén Ãa disputar a proba. Coloqueime adiante pero algo máis atrasado do normal porque non sabÃa como me Ãan responder as pernas.
Unha vez se deu a saÃda fun con calma esperando a entrar na praia para ver as sensación e cando cheguei as sensación non podÃan ser mellores, atopábame moi cómodo correndo pola area e empecei a coller ritmo e a pasar a xente, habÃa momentos nos que estaba a desfrutar tanto que pechaba os ollos para escoitar o mar mentres corrÃa, unha gozada. Cando cheguei a un dos lados da praia para dar volta e ir ata o outro lado Ãa na posición 22, algo que me sorprendeu ao estar bastante adiante polo que subÃn un pouco o ritmo xa coa idea de intentar subir ao podio.
Cando alcancei o outro lado da praia estaba na posición 12ª co seguinte corredor preto pero xa vÃa que posiblemente fora o único que dera alcanzado e asà foi antes de saÃr da praia conseguÃn pasarlle e ir sacándolle distancia polo que o tramo que quedaba de asfalto xa fun controlando a distancia e cheguei a meta cómodo.
O final posto 11º de 193 e 6º da categorÃa con un tempo de 39:15 o que equivale un ritmo de 3:56 min/km. Os obxectivos cumpridos xa que me atopei moi ben durante toda a carreira, con un gran resultado que non imaxinaba e que case subo ao podio se os premios non foran acumulativos pero bueno iso é o de menos. Resumindo gran carreira e moi boas sensación, correr pola praia foi unha pasada e sobre todo en Carnota onde se miras para un lado ves o mar e cara o outro as montañas que rodean Carnota e poder cerrar os ollos e escoitar o mar mentres estás a practicar o deporte que che gusta é unha gozada, polo que para o ano seguro que repito!
PD: Grazas aos fotógrafos por estar aÃ!
0 comments